
O ciclo de charlas organizado polo colectivo Canle de Lira desenvolverase os días 18, 19 e 20
Méndez Ferrín, Marcial Gondar e Antón Cortizas atópanse entre os conferenciantes
SIMÓN BALVÍS
A asociación cultural Canle de Lira, en colaboración co Concello de Carnota e coa Consellería de Educación, promoven a celebración da quinta edición das Xornadas internacionais da cultura tradicional, que nesta ocasión se celebrarán os días 18, 19 e 20 deste mes. O tema elixido para esta cita foi a literatura de tradición oral en Galicia.
O programa de actividades previsto comezará a desenvolverse o mediodía do 18, coa ponencia A cultura popular galega hoxe: entre o conto, a cantiga e o folclore do papeleo , que correrá a cargo de Xosé Manuel González Revoredo. Xa pola tarde, Marcial Gondar disertará sobre a tradición oral.
Este primeiro día tamén se ofrecerá aos cursillistas a charla titulada O pé da Laxa da Moa: literartura oral carnotán , na que intervirá Antón Cortizas Amado. A xornada rematará con relatos sobre a regueifa, que presentarán Xesús de Ventura e María Fetós.
Os actos do día seguinte comezarán coa conferencia As lendas da auga , que será ofrecida por Charo Soto Arias. Máis tarde, Manolo Rico disertará sobre Da música tradicional ás novas aportacións musicais . A sesión matinal rematará coa intervención de Francisco Brea, quen falará da posta en valor do patrimonio inmaterial.
Pola tarde, Camino Noia ofrecerá a conferencia O conto popular galego , e Xosé Luís Méndez Ferrín abordará aspectos vencellados coa literatura e a tradición oral.
A xornada de clausura iniciarase coa ponencia A pervivencia do cancioneiro tradicional , a cargo de Baldomero Iglesias e Xosé Luís Rivas. Á súa conclusión daráse por rematado o ciclo, presentando aos asistentes o volume literario das charlas ofrecidas o pasado ano no marco das xornadas culturais.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177