
TRIBUNA
| O |
ESE FOI o berro ó unísono das actrices participantes. O sábado pasado, cando aínda estabamos a refregar os ollos pola masacre ocorrida en Madrid, Cristina del Valle dixo en Lugo que «había velos que se ven e outros que non». A cantante estábase a referir ó drama que viven as mulleres maltratadas. Porque non todo o que vemos, por duro que sexa, constitúe xa o conxunto da realidade. Hai máis. A Plataforma de Mujeres Artistas puxo en escena o espectáculo Ellas dan la nota. As circunstancias obrigaron a compartir: o pesar polas mulleres asasinadas a mans dos seus homes, coas vítimas do terrorismo internacional. Por iso, Inma Serrano aludiu a que a mesma plataforma protestara in situ contra a guerra de Iraq. Dixo que «agora a tortilla (do sufrimento) deuse a volta». Pero quen máis deixou ver a súa dor polo 11-M foi Mercedes Ferrer, quen tivo que sacar forzas do público para entoar. Del Valle, pola súa parte, lembrou que estiveran en Israel e en Ramala para pedir a Paz. Porque, recordemos, as mulleres son as grandes perdedoras das guerras. O espectáculo pedía para que dunha vez se lexisle unha lei integral contra a violencia de xénero.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177