La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 06 de marzo del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

CARBALLO

Anuncios de relax

RADIOGRAFÍAS
| O |

  • Autor del comentario:
    RAMÓN M. VILAR LANDEIRA
    Localidad:
  • ImprimirVolver

O ESCRITOR leonés Andrés Trapiello, que tantos devotos ten, di que a mellor literatura actual é a que se fai nos xornais. Eu non sei se é certo iso que di Trapiello, pero se teño que escoller a sección máis literaria dos periódicos non o dubidaría: A de relax. Non me confundan cun putañeiro empedernido ou con algo semellante. Non, o que pasa é que ler esas pouquerrechiñas palabras coas que se oferta un foguete por uns euros déixame marabillado.

Ese hipermercado do sexo con expresións que deixan ao lector atónito: «bomboncito caliente», «castigadora, serás mi retrete», «ninfómana despendolada busca caballeros con clase», «Barbie y Samoa, regresan dos gatitas cachondas». Como comprenderán, omito outros moito máis fortes, pero que poden ler a diario nos anuncios breves de calquera xornal. ¿De verdade uns anuncios deste tipo pódenlle erguer a libido a alguén? Parece que si, se facemos caso a que hai ducias deles en todos os medios.

Bótaselle en falla un pouco de sentido do humor aos anunciantes. Poño por exemplo: «Amañamos ferramentas. Arranxo de chapa e filtros. Todo en fontanería íntima. Tamén afinamos con delicadeza instrumentos de época a prezos moi competitivos... Presuposto sen compromiso. Déixeo (todo) nas nosas mans».

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177