La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 03 de enero del 2004
Logotipo de La Voz de Galicia

BARBANZA

Toxosoutos convértese en referente da banda deseñada con «Os barbanzóns»

O primeiro número da serie ambientada no castro de Baroña presentouse en Porto do Son
O autor do guión e dos dibuxos é o ilustrador vigués Pepe Carreiro

  • Autor del comentario:
    Sara Ares
    Localidad:
    corresponsal | noia
  • ImprimirVolver


Boa parte das persoas que asistiron ó acto sobre o cómic quixeron ter un autógrafo do seu artífice

				ARES

A decidida e arriscada aposta de Toxosoutos nestes anos pola difusión da banda deseñada fai que a editorial noiesa estea a acadar nese eido a condición de referente galego. O seu último proxecto douse a coñecer onte no auditorio de Porto do Son. Trátase dunha serie de cómics, ambientados no castro de Baroña, que se agruparán baixo o denominador común de Os Barbanzóns , que é o nome dunha familia que reside no poboado prerromano.

O primeiro número da colección titúlase Baroña ou morte , do cal Toxosoutos sacou unha tiraxe de dez mil exemplares, en galego e castelán.

Na presentación, o autor dos guións e dos debuxos, o vigués Pepe Carreiro, quixo rachar cos falsos mitos de que a banda deseñada está pensada só para nenos e de que é un paso intermedio para acceder á literatura ou a outras artes. Ademais de reivindicar a entidade propia do humor gráfico, describiu e debuxou cada un dos protagonistas das súas viñetas.

Sobre o contido e o estilo, o ilustrador confesou: «Son personaxes cómicos, sarcásticos, paródicos; cunha perspectiva nada historicista e que se contaxian, como ocorre no caso de Con, da neurose dos dirixentes políticos reais, como Aznar, Bush e Blair».

O libro poderá adquirirse nas librerías por dez euros. O segundo número da serie está previsto que saia do prelo a mediados de maio e, nel, os membros do clan dos Barbanzóns viaxarán a Irlanda.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177