La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición dixital de La Voz de Galicia. O diario máis lido de Galicia grazas á participación dos seus lectores, coa última actualidade, multimedia, opinión e debates sobre negocios, deportes, cine, viaxes, libros, emprego, educación, inmobiliaria, automóbiles e moito máis nas súas 14 edicións: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo , Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Madrid
  • 29 de novembro do 2003
Logotipo de La Voz de Galicia

BARBANZA

Un agasallo envolvido en palabras

Cousas da xente
Membros do colectivo Sacou renderon o venres unha homenaxe a Antón Avilés cun espectáculo no que dramatizaron máis de vinte poesías, discursos e manifestos



El grupo Sacou realizó un montaje poético en recuerdo de Avilés de Taramancos

				LEMA

Compoñentes do grupo cultural Sacou, en colaboración coa compañía Éteatro, elixiron o vestíbulo do Instituto Virxe do Mar de Noia para dar vida á montaxe lírica Agora, Rei, bebamos xuntos ou veleno, dedicado ao protagonista das Letras Galegas deste ano. Dividido en tres partes, o espectáculo, con evocaciones contestatarias, bebe da creación de grandes mestres da literatura, como Méndez Ferrín ou Celso Emilio Ferreiro.

Os integrantes do Club de Natación de Ribeira estrearon novo equipamento deportivo, patrocinado por La Voz de Galicia. O xefe comercial da empresa xornalística en Barbanza, José Luis Colomer Busoms, fixo entrega do novo vestiario á presidenta da entidade deportiva, Manuela Parada Pérez, no pavillón polideportivo da Fieiteira.

A oferta cultural do Concello de Boiro para a época otoñal permitiu aos barbanceses gozar dunha divertida representación teatral que baixo o título de Bicos con lingua conseguiu arrincar as gargalladas do público presente na casa de cultura. Os simpáticos actores conforman a compañía Talía Teatro. Os deberes ben feitos A concelleira Carmen Figueira, acompañada da responsable do taller de Igualdade de Xénero, Rita Gradaílle, entregaron na Casa de Cultura Cuartel Vello de Rianxo os diplomas do curso de xestión laboral, o cal foi impartido pola avogada Patricia Calvo Eiras e o profesor José Manuel Pazó Argibay.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. resérvase todos os dereitos como autor colectivo deste xornal e, ao amparo do art. 32.1 da Lei de Propiedade Intelectual, expresamente oponse á consideración como citas das reproducións periódicas efectuadas en forma de reseñas ou revista de prensa. Sen a previa autorización por escrito da sociedade editora, esta publicación non pode ser, nin en todo nin en parte, reproducida, distribuída,comunicada publicamente, rexistrada ou transmitida por un sistema de recuperación de información, nin tratada ou explotada por ningún medio ou sistema, sexa mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia ou calquera outro en xeral. M da Coruña no Tomo 2.438 do Arquivo, Sección Xeral, ao folio 92, folla C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España) RM da Coruña: tomo 2413, folio 84, folla C-12502. CIF: B-15.482.177