
A montaxe producida polo Centro Galego de Artes da Imaxe está aberta ata xaneiro en Santiago
As fotos reunidas por Xosé Enrique Acuña proceden de coleccións, arquivos e museos.
As salas de exposicións da Universidade de Santiago, no pazo de Fonseca e na Igrexa da Compañía, amosan a evolución da fotografía en Galicia do século XIX cun percorrido pola prehistoria da imaxe que aporta unha ampla visión da vida social e económica galega que avanza cara á modernidade.
A mostra, Fotografía en Galicia no século XIX , está producida polo Centro Galego de Artes da Imaxe, dependente da Consellería de Cultura. O comisario da montaxe é Xosé Enrique Acuña, que fixo unha selección de trescentas fotos representativas da aplicación que tivo un invento que chega a Galicia polo ano 1843 e que dá conta do traballo de pioneiros e precursores.
As fotografías desta exposición, moitas delas inéditas, forman parte de coleccións privados, arquivos históricos, bibliotecas, museos e entidades que as cederon para este montaxe que documenta graficamente o nivel de desenvolvemento dun dos inventos de máis repercusión sociocultural e á sociedade galega con toda a diversidade xeográfica, humana, cultural, social e económica.
No pazo de Fonseca están reunidas, nun apartado denominado A luz universal , as fotografías que reflicten a evolución de Galicia dende o Antigo Réxime, a vitalidade da sociedade urbana e mercantil, a riqueza monumental e a paisaxe urbana e rural. Nesta sala pódense ver arredor de 150 fotos que amosan o dinamismo dos portos da Coruña e Vigo, da Universidade de Santiago, balnearios, o traballo científico, o progreso e a memoria.
Moitos destes documentos dan testemuño de feitos coma o derrube da torre de Caldas a golpe de pico por un grupo de obreiros; ou da primeira foto que se coñece da Catedral de Santiago, feita por Andrés Cisneros. E novidosas achegas como as primeiras fotos que aparecen en prensa, entre as que está á da primeira redacción do xornal la Voz de Galicia e un retrato do fundador deste periódico, Juan Fernández Latorre, cos directivos, en 1896.
Na Igrexa da Universidad está a Galería de retratos , na que non só figuran persoeiros ilustres como Eduardo Pondal, Murguía, Emilia Pardo Bazán ou Andrés Gaos senón a da única imaxe que se conserva do poeta Aurelio Aguirre, morto traxicamente na praia do Orzán da Coruña en 1857, ademais de moitas persoas anónimas e homes ligados o mundo do comercio e da empresa. O máis salientable é comprobar de qué maneira posaban, cando o referente era a pintura, e as modas en canto a roupas e aspecto.
O director do CGAI, José Luis Cabo, anuncia para xaneiro do 2004 un catálogo que inclúe máis fotos das que están na exposición, para a que seleccionaron unha media de tres por cada unha das coleccións representadas, e un catálogo de fotógrafos galegos.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177