La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 08 de julio del 2003
Logotipo de La Voz de Galicia

LEMOS

«A ponte vella xa perdeu dous arcos e hoxe pode perder outro», di César Carnero

A asociación Amigos do Patrimonio prepara actuacións en defensa da histórica estructura do río Cabe
O colectivo teme que o viaducto reciba danos similares ós do pasado

  • Autor del comentario:
    Francisco Albo
    Localidad:
    monforte
  • ImprimirVolver


Un arco desaparecido da ponte vella pode verse á esquerda da imaxe, tomada en torno a 1900

				ALBERTO LÓPEZ

?s obras de acondicionamento do tramo urbano do Cabe, segundo os promotores da recén creada asociación Amigos do Patrimonio de Lemos, supoñen una seria ameaza para o valor monumental da ponte vella. O colectivo ten previsto iniciar nos próximos días unha serie de actuacións para esixir que se reforcen as medidas de protección da histórica estructura. «Estamos moi preocupados porque a ponte está a padecer unha agresión coa construcción dos muros que se están a levantar na marxe esquerda e que ameazan con facer desaparecer da vista o arco máis próximo ó convento de Santa Clara», afirma César Carnero, presidente da asociación. «A ponte xa perdeu dous arcos no século pasado e hoxe, no século XXI, poder perder outro. É lamentable que volva ocorrer algo parecido no mesmo sitio, nunha época na que se supón que a sensibilidade cara ó patrimonio é moito maior que no pasado», agrega.

O presidente da asociación cultural alude ós arcos situados no extremo da ponte que descansa na marxe esquerda do río. Un deles pode verse aínda en certas fotografías tomadas a principios da pasada centuria. Jorge Vila, vicepresidente de Amigos do Patrimonio, sinala que estes arcos quedaron tapados a consecuencia de diversas obras de reforma que foron executadas nas primeiras décadas do século XX na praza do Doutor Goyanes, antes chamada Cantón de Bailén. «O primeiro arco debeu desaparecer baixo o pavimento da praza nos primeiros anos do século e o segundo, cando foi aberto o paseo do Malecón, a comezos dos anos trinta. Este arco quedou soterrado, pero non destruído, e aínda puido verse hai uns anos, cando se fixeron unhas obras na praza», precisa. Ó seu parecer, estes feitos tamén representan un precedente do que pode estar a punto de suceder no outro extremo da ponte a consecuencia das obras actuais. «Está claro que este proxecto non tivo en conta para nada o valor arquitectónico e histórico da ponte», opina.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177