
El cronómetro | Javier Pazos Martínez
No instituto de Sar finalizou este curso a oitava promoción do bacharelato de Artes e continúa como o único centro da comarca que o ofrece
SANDRA ALONSO
Javier Pazos Martínez, de Bembibre, é titulado nesta promoción. O próximo curso vai estudiar o ciclo profesional de Gráfica publicitaria, no instituto Pablo Picasso da Coruña.
-¿Por que escolleu este bacharelato?
-Porque no colexio xa gustaba de dibuxar. E porque o prefiro a facer ciencias ou humanidades.
-¿Respondeu ás expectativas que tiña?
-Si que respondeu. As disciplinas específicas de artes son case todas prácticas, excepto Historia da Arte, que é teórica. Hai Volumen, Debuxo Artístico ou Imaxen, moi prácticas. Tamén Fundamentos de Deseño, en que estudiamos cuestións de espacios, de estética e de funcionalidade. En primeiro demos Debuxo Técnico, que no novo programa parece que vai ser en dous anos. Outra materia é Técnicas de Expresión Gráfica.
-¿Que materias lle pareceron de maior interese?
-As disciplinas artísticas foron as que máis me interesaron. Prefiro facer máis traballos e non estudiar teoría.
-¿Destaca algún traballo?
-Tres alunos traballamos nunha escultura de Adán e Eva, sobre un proxecto que presentamos previamente, e que está case finalizada. Foi traballo atractivo. Tamén os de fotografía e cinema na disciplina de Imaxen. Iniciamos un corto, unha parodia dos western, que non deu tempo a finalizar.
Estes dous anos Javier viña a diario de Bembibre a Compostela, no transporte escolar. O próximo curso residirá na Coruña, pois o ciclo que vai estudiar «parece ser que o vai haber en Santiago nun instituto de Lamas de Abade, pero aínda non neste ano».
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177