La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 17 de diciembre del 2002
Logotipo de La Voz de Galicia

SANTIAGO

O Auditorio reúne a obra recente de Paco Pestana e Manuel Patinha

A exposición, producida polo centro cultural, inaugúrase o venres e estará aberta ata febreiro
O imaxinario dos dous escultores galegos constrúe mundos diverxentes e coherentes

  • Autor del comentario:
    Concha Pino
    Localidad:
    santiago
  • ImprimirVolver


Paco Pestana, á esquerda, e Manuel Patinha, á dereita, teñen os seus particulares «macondos» en Castroverde e en Narón

				PACO RODRÍGUEZ

A Enfrontar, que non confrontar, as esculturas de Paco Pestana (Castroverde-Lugo) e de Manuel Patinha (Lisboa-Narón) é un exercicio de intelixencia que o Auditorio de Galicia ofrece a partir do día 20 sen máis título que o da impresión de cinco garfos. Todo un agasallo estético reunido nun tránsito que vai da maxia chea de referencias oníricas, ingravidez e de tensión entre os límites do real e do imaxinario con que Paco Pestana reflexiona sobre a arte galega contemporánea, ós elementos de curvas distorsionadas que se encaixan en perfecta harmonía e forman as «ismetrías» coas que Manuel Patinha marca unha nova etapa na súa traxectoria.

A montaxe, da que é comisaria María Xesús Busta, mostra dous mundos creativos separados pero comunicados a través dunha pasaxe aberta na parede que, en palabras de Pestana, «significa pasar dun mundo case medieval ó postindustrial», e segundo Patinha «comunica con dúas maneiras diverxentes de entender a escultura con raíces profundamente galegas».

As pezas de Patinha, realizadas nos dous últimos anos, marcan unha nova fase na súa evolución, que arranca hai 25 anos en Galicia. Son elementos de aceiro que enmarca «nunha filosofía da curva» e que se traducen nun conxunto coherente que non rachan nin a cor vermella dun ensamblaxe, nin o espello sobre o que presenta outra serie cargada de evocacións ou o mencer prateado no que os tubos son nubes, burbullas ou un pensamento atrapado nun soño. Complétase con vinte tintas de liñas sinuosas que levan sobreimpresa a imaxe dunha muller que as explica.

Pestana sorprende desde a primeira peza, 65 sacas cheas de serrín coas que establece unha barreira «para non ser invadido e refuxiar ós meus personaxes, á vez que fortalezo os meus sonos cos restos da materia coa que os construín». Animais e figuras aladas, coloreadas, con poemas inscritos, formas que son como «tumores e humores». Segundo o artista, «a realidade está fraccionada, pero sen restar, e nos que son como un chamán que constrúe espacios».

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177