
«Cando se publicou a novela no ano 1977 o que había era un tipo de literatura que esquivaba os conflictos da vida, o que facía era ofrecer solucións cunha ideoloxía previa».
SIMÓN BALVÍS
Anxo Rei Ballesteros fala de literatura torrencialmente, citando en alemán e lembrando que hai escritores, como Proust, que son insuperables. Dos anxos e dos mortos é unha novela que abre, segundo a crítica, unha nova etapa na narrativa galega actual.
-Pasados 25 anos desde que a escribiu, cal é a lectura que fai agora do seu libro.
-Teño unha perspectiva moi curiosa. Véxoa pavorosamente lírica, cun lirismo poemático que, hoxe, seguramente atenuaría. Sen embargo, tamén vexo que a novela, por ese mesmo lirismo, non é trivial. Fálase do amor, da relación amorosa e tamén do tempo. Fálase desa negación do tempo que é o amor, como diría Marcel Proust, e salvo no primeiro capítulo, creo que recorda a dimensión desgarradora, dolorida, e mesmo se se me permite a expresión, metafísica de toda relación amorosa, da desfeita, da catástrofe de toda relación. Hai un elemento poético e hai un elemento, entre comiñas, tráxico. Creo que toda relación amorosa cando é intensa está condenada á traxedia, non está, é tráxica, desesperada e incómoda. Tamén nos torna creadores. Digamos que ésta é a parte positiva do namoramento. Hai outro aspecto na novela que atopei ó relela: é o conflicto de toda relación amorosa entre a intensidade e a duración ou a estabilidade.
-Pero non é unha novela só de amor.
-O que pasa é que o que nós tiñamos daquela era un tipo de literatura que esquivaba os conflictos da vida e o que facía era ofrecer solucións de esquerda. Na miña novela non hai eso. Mesmo algúns dixeron esta novela non é comprometida porque falaba de situacións que non tiñan nada que ver co que se entendía entón por compromiso. Fala máis ben das relacións amorosas, da frustración, da vacuidade e da sensación de baleiro. En realidade, na novela fálase dese terror a sustituir o sentir por unha ideoloxía xa feita. En aquel momento non estaba moi de moda falar destes temas un pouco máis existenciais, fóra da cuestión do proletariado, que non hai que esquecer, pero tamén hai que decir aquí pasa esto: a vida ten varias formas e esta é unha. Tamén hai que pensar que o amor é un asunto común e supoño que os mozos siguen enamorándose, aínda que non sei se coa mesma violencia. Supoño eu que puden caer nunha novela rosa, pero sinceramente creo que non, que hai lirismo e que hai algunhas cousas implícitas porque na época en que se publicou aínda era a época de Franco e había que xogar moito co implícito.
-Algo de política ten a novela.
-Creo que algo hai, pero está implícita e me parece ben así, porque naquela época dos setenta o que había era un exceso de explicitudes e moi pouco literatura da experiencia no sentido que decía Walter Benjamin.
-A obra ten sido considerada como unha inflexión ó tempo que se di dela que é xeracional e que é unha novela de iniciación.
-En certo xeito pódese dicir que é así. Pero eran tamén as circunstancias. Daquela, escribir en galego tiña algo de cerimonia ideolóxica e quizais a miña novela apuntaba a outros lados, e por aí se entendeu que era unha literatura descomprometida.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177