La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 24 de julio del 2002
Logotipo de La Voz de Galicia

Cultura y TV

A obra teatral «Prisciliano», de Daniel Cortezón

Este texto, o máis representativo do dramaturgo, forma parte da Biblioteca Galega 120
Relembro na miña adolescencia, cando andaba a pescudar na cumprida biblioteca do meu pai, ó topar cunha narración preciosa dun autor para min daquela descoñecido, chamado Daniel Cortezón, e titulada As covas do Rei Cintolo . Engaioloume, no máis inxel e fondo espírito fantasioso, cun idioma e léxico escrupulosamente traballado, ben podería ser para aquel neno que era eu, un dos relatos fantásticos que hoxe os nosos fillos ven no televexo.
Lecturas cualificadas

    • Autor del comentario:
      Gonzalo Bouza Brey
      Localidad:
      vilagarcía
    • ImprimirVolver
    

O castelo de Moeche acolleu a representación de obras de Cortezón como «Os Irmandiños»

				ASPA

    Logo coñecería Ribanzo, O Cabaleiro da lus, El Rey de Harlem, O esprito de Galicia , e troqueime nun seareiro daquel para min descoñecido autor. Xa no ano 1970 cando eu xa estaba a cumprir un dos meus soños de facer teatro en galego na compaña de Pepe Cáccamo, Gonzalo Martín Uriarte, Xosé Carlos Sierra, Paco Cuba, etcétera, nas primeiras andainas do teatro universitario galego, todos quedamos prendados dunha obra publicada por Galaxia que era Prisciliano .

    En Prisciliano viamos o tratamento artístico e teatral, ó maior grao que se pode dar a unha obra, no seu ritmo, na súa escenografía e coreografía, e sobor de todo, para nós xoves do 68, no seu argumento revolucionario. Este tiña para nós o alicerce de falar dun proscrito, dun herexe, dun referente da loita de Galicia contra calquera forma ou fórmula ortodoxa, dictatorial ou inquisitorial, en contra da liberdade e xustiza para o pobo. E Cortezón describíanolo de forma maxistral.

    Hai pouco decateime que andaba a argallar a representación popular no castelo de Moeche dunha obra de Cortezón. Entón non me quedou máis remedio que recorrer ó meu ordenador persoal, chamado Raimundo García Domínguez, Borobó. Estivemos a debullar durante varias horas e así foi como confirmei a miña impresión de que o noso Daniel Cortezón, cargado de obras e de premios literarios, é un dos autores vivos máis importantes da Galicia.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177