La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 01 de junio del 2002
Logotipo de La Voz de Galicia

DEZA-TABEIRÓS

Vintedous itinerarios pola zona

Luis Couto Lorenzo presentará o 27 de xuño no museo de Lalín a «Guía do Deza»

  • Autor del comentario:
    AMELIA FERREIROA
    Localidad:
    LALÍN
  • ImprimirVolver


O libro, editado por Galaxia, xa está a venda dende fai meses nas librerías galegas

				ROMÁN GUTIÉRREZ

O Concello de Lalín, a través da concellería de Cultura, desenrolará ó longo deste mes de xuño unha intensa actividade cultural na que sobresaen as representacións teatrais da Escola Municipal de Teatro que rematarán coa entrega de diplomas de ditos cursos o venres día 28, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal.

Especial mención merece tamén a exposición de Soledad Pite Sanjurjo que se inaugurará o día 14 baixo o título de «Horizonte en tránsito» e a presentación do libro de Luis Couto Lorenzo, «Guía do Deza», no museo de Lalín o 27 de xuño.

«Guía do Deza», do coruñés afincado na comarca Luis Couto Lorenzo, está publicada en Editorial Galaxia é como o seu título indica un percorrido polo Deza con vintedous itinerarios que pretenden axudar a descubrir esta rica comarca do centro de Galicia.

O libro permite ó lector adentrarse nos seguintes itinerarios: Viaxe ó centro de Galicia (igrexas de San Miguel de Goiás e Pedroso), Ruta dos Cabaleiros (paseo polas carballeiras de Deza), Pico Farelo (San Martiño de Amarante e Aldea do Monte), Monte Coco (As neveiras do Candán, A Trigueira, Zobra e Bustelos), Oseira-Dozón (o camiño portugués de Oseira a Dozón), San Domingos Botos (o camiño portugués do Alto de San Domingos Botos), San Bieito do Candán e Grovas, O sobreirais do Arnego, Pazos e castiñeiros, Coto da Madanela, As ribeiras do Ulla, Monte Carrio, Serra do Faro, Val da Camba, Alto de San Sebastián, Da Ulla á Ulloa pola Ulla, Entre o Farelo e o Ulla, O nacemento do río Deza, Senda da Saleta, Sendeiro do Deza, Sendeiros das Cruces e, por último, o Sendeiro de Portodemouros.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177