La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 14 de mayo del 2002
Logotipo de La Voz de Galicia

Cultura y TV

UNHA NOVA ÉPOCA


Trinta e un longos anos tiveron que pasar para que O velorio, orixinal de Francisco Taxes escrito en 1971, chegue a ver a luz en letra impresa. Porque a outra, a luz dos focos, xa a viu o 3 de xuño de 1978 cando se estreou no colexio La Salle de Santiago, nun dos ciclos de teatro que daquela organizaba Miguel Segade. Pouco nos importaba entón, ós que no outono do 77 nos xuntamos arredor do texto de Francisco, na emocionante aventura que se chamou Troula, que a prudencia puidese desaconsellar o camiño que comezabamos. Porque a idea que a todos nos movía, a de crear a primeira compañía galega de teatro profesional, era máis forte que o peso da precaria realidade material da que partiamos. O entusiasmo e aquela maneira tan pouco convencional de vivir que tiñamos facía que calquera posible problema desaparecese por encantamento. O caso é que en Troula confluímos, ademais de Taxes e o seu texto, Antonio Simón, Suso Medal, Manuel Manquiña, Manuel Gonzalez El largo e máis eu.

O mesmo Paco Taxes, nun primeiro momento, ía interpretar o personaxe de D. Xosé, o crego, pero finalmente, nun deses arroutos que os actores ás veces temos diante dunha estrea, decidiu quedarse entre bastidores, o que propiciou a incorporación de Pedro M. Leandro, redondelano que anos antes cambiara a posición de empregado de banca pola segura inestabilidade do teatro independente en Madrid.

Máis tarde chegarianos Agra, os irmans César, Paulo e Berto Morán, que compoñerían a banda sonora do espéctaculo e darían arroupamento musical en directo á acción dramática urdida por Francisco. Por último apareceu Emilio, o noso técnico. Pero aínda tiñamos que vencer un sen fin de atrancos, antes de que Xusto, Vitiña, Manoel, Chone, Roque, D. Xurxo, Dna. María, D. Xosé, Lecha e as choronas cobrasen vida aquel 3 de xuño, despois de case oito meses de reunións. A estrea representou unha agradabilísima sorpresa na Galicia teatral de finais dos 70 e marcou o comezo dunha nova época no teatro galego. No seu momento, foi vista por 15.800 espectadores, en 68 funcións case todas en vilas de Galicia. GONZALO URIARTE é actor

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177