La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 22 de febrero del 2002
Logotipo de La Voz de Galicia

Cultura y TV

«Non son reintegracionista»

Pilar Vázquez Cuesta, doutora Honoris Causa pola Universdade de Lisboa
Esta tarde recibe na Universidade de Lisboa a máxima distinción, o doutorado Honoris Causa, un recoñecemento á persoa que acupou a primeira cátedra de Portugués que houbo en España, Pilar Vázquez Cuesta. Esta muller de 75 anos di que estaba predestinada a súa vocación pola cultura portuguesa, brasileira e lusóafricana, «porque nacín un 25 de abril e un dos meus nomes é África». Pero é rotunda ó aclarar que non é reintegracionista, porque «galego é portugués son linguas irmáns, pero distintas».

  • Autor del comentario:
    CONCHA PINO
    Localidad:
    SANTIAGO
  • ImprimirVolver


Pilar Vázquez Cuesta recibe a máxima distinción académica en Lisboa

				PACO RODRÍGUEZ

Conversadora amena e cunha vitalidade que aínda transmite ós seus alumnos de doutoramento, Vázquez Cuesta vive rodeada de libros, obxectos de artesanía de tódolos países de fala portuguesa ós que viaxou, e dunha interesante colección de abanos pintados por artistas, intelectuais e amigos.

-Tralos anos promovendo o portugués. ¿Non tardou en chegar esta distinción?

-Xa me teñen distinguido coas ordes civís de Santiago e a do Infante Don Enrique. Significa que teño moitos amigos en Lisboa que me queren moito. Os portugueses son moi agradecidos.

-¿Por que se interesou polo portugués?

-Porque era galega e non vivía en Galicia. Funme cando tiña cinco anos e, trala morte do meu pai, pouco despois da Guerra Civil, tiven máis relación coa familia da miña nai, de Medina de Ríoseco. Estaba situada en Madrid, e alí o galego non se ensinaba.

-Tirou a súa parte galega.

-Si, saín máis galega, incluso de aspecto. Sempre me saíu a parte racial galega. De nena, na casa da miña aboa materna facíanme a odiosa pregunta de «¿a quién quieres más, a papá o a mamá?» E eu dicía: Non digo. Así que concluían: «Gallega tenías que ser». En Madrid non entendían que non entrara a pedir unha cousa directamente. Comprobei que en Portugal fan o mesmo.

-Foi a primeira catedrática de Portugués.

-Pero a primeira en xeral, non como muller. Saqueina en Salamanca no 82, cando se creou, e logo de exercer na mesma Universidade como agregada de Lingua e Literatura Portuguesa dende 1976. A finais dos 80 ocupeina na Universidade de Santiago.

-¿Importa se o galego e fillo do portugués ou ó revés?

-O portugués é o andaluz do galego. O que acontece é que como en Portugal a capital ficou no Sur, prevaleceu a lingua da corte e desapareceu o galego de Portugal, que era o que se falaba no Norte. O galego, que é coma o florón que se salvou gracias ó povo, é máis antigo que o portugués e conservouse moi ben.

-A súa posición non é reintegracionista e...

-Non, en absoluto.

-...sempre defendeu a independencia do galego fronte ó portugués.

-Non son reintegracionista porque todo o que sexan cambios ortográficos, modificar, é pernicioso. Non hai máis que pensar no inglés ou o francés, que non a modifican porque é perigoso. Parece mentira que non se dean conta. A ortografía portuguesa é fonética, e habería cousas que non terían sentido, que se impoñerían só porque son así en portugués.

-¿Que opina da reforma rexeitada pola RAG?

-Estaba en Portugal dando clase e non teño tódolos papeles para estar á par.

-¿Achegaría posicións?

-Non. Se conceden estes cambios pedirán outros. Só prolongaría a cuestión. A ortografía galega é razonable, e non digo que non puidera ser doutra maneira cando se aprobou. Canto menos se mova mellor. Os cambios enganan.

-¿Nin para mellorar a relación cultural con Portugal?

-O portugués do Brasil entra en Portugal pola fala, pola televisión, que non fai dobraxe. Confío que o cine galego sirva para que se coñeza a literatura galega.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177