La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 01 de agosto del 2001
Logotipo de La Voz de Galicia

Opinión

DE COTÍOCEGOS DE CASTELAO E DE VALLE

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Os dous escritores naceron, como é sabido, nunha e noutra banda da ría de Arousa. Ambos amosaron un singular interese polos invidentes que transitaban polos camiños de Galicia, no debuxo ou na obra literaria. Pero con diferente significado.

Si un se para a contemplar os debuxos do rianxeiro, bota de ver que as súas figuras aparecen tocadas por un gran sombreiro desformado e cotroso. Os farrapos cobren os seus corpos. Unhas veces amósanse tanguendo a zanfona e a gaita, ou o pandeiro e o violín. Acompañábanse entre eles, dous ou máis na noite. Tamén o lazariño que, en ocasións, podía ser a moza campesiña de ollos claros. Para Castelao, o cego era o xoglar autenticamente da terra. As súas coplas simples, sás, maldicentes, reverentes ás veces, sempre cheas de humor.

Castelao tivo sempre unha extraordinaria simpatía por estes personaxes vagabundos. Quizais atopaba neles a imaxe dunha Galicia empobrecida, pero baruda, chea de inxenio, de sabiduría popular. Nembargante, absolutamente cega, vivindo en noite perpetua por propia e imposta cegueira.

Durante o seu desterro, o xenial rianxeiro volveu ó tema que fora de preferencia nas colaboracións nos xornais do país. Realizou entón novas estampas de cegos, en grandes debuxos a lapis simple. Era novamente un xeito de lembrar a Galicia. Quizais tamén sentindose ameazado por igual desgracia física. Tais debuxos non levaban as lendas que el coidaba, na súa expresiva causticidade, con igual afán que o debuxo mesmo. Viñan ser coplas, ó xeito das cantadas polos cegos de feiras e romarías alusivas á política de Galicia e de Madrid.

A visión dos cegos de Valle-Inclán reflexa outras singularidades. Trátase de mendicantes portadores de zurrón. Pola súa abertura asoman mazorcas, codelos de pan de broa, que constitúen a esmola caritativa campesiña. Corrian polas obras valleinclanescas como polos carreiros e camiños de Galicia. Son cegos galegos como Serenín de Bretal, o Cego de San Clodio ou o de Flavia. Polas páximas do escritor aparece e agáchase Electus, o Cego de Gondar. É un mendicante malicioso polo seus pensamentos e decires. Refire historias de divertimento. Amancébase coas mozas que escolle como lazariños. Xurde nas encrucilladas dos camiños, nos santuarios, nos soportais das ventas e mesóns.

Valle-Inclán tivo unha constante preocupación polos ollos. Nas creacións dos seus personaxes, os ollos adquiren un lugar salientable. Ofrécense acompañados de curiosas adxectivacións: Ollos paroleiros, ollos risoños, ollos chagados, ollos faiscantes, ollos acesos e redondos de paxaro. Amosou tamén unha constante preocupación polas cuncas en apariencia inmutable dos cegos. Preocupábano os ollos multiformes, tráxicos en cega quietude. Lembrábanlle os cegos na súa ollada, ós deuses xentilicios. A veneración polos ollos dos cegos vencéllase, xa que logo, intimamente ó credo estético de Valle-Inclán.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177