La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 10 de abril del 2001
Logotipo de La Voz de Galicia

DEZA-TABEIRÓS

«Contos para Manuela», segundo libro do lalinense Mario Pereira

A obra recolle un total de dezaséis historias con tres finais diferentes en cada unha delas

  • Autor del comentario:
    AMELIA FERREIROA
    Localidad:
    LALÍN
  • ImprimirVolver


Pereira acadou o premio Raíña Lupa de novela infantil con «Velaí vai o verme»

				MARCOS MÍGUEZ

O lalinense Mario Pereira, mestre de lingua e literaturas galegas, acaba de publicar o seu segundo libro de contos. Despóis de acadar o premio Raíña Lupa de novela infantil co libro Velaí vai o verme, saca ó mercado unha nova publicación baixo o título de Contos para Manuela.

Publicado en Alfaguara Obradoiro e con ilustracións de Sandra F. Carmelo, Contos para Manuela recolle un total de dezaséis historias con tres finais diferentes. Contos que falan do iglú Blum que quere marchar ós países quentes, do grilo Frin que devece por unha escada de cristal, do mirasol Xir que non quere mirar para o sol, do peixe atrapado nunha foto, da nena que se fai chamar Rabelo, do tigre que ten que comprar un traxe de cebra e do neno que vive cunha tartaruga por corazón. Contos cheos de imaxinación que «son pebidas de historias -sen contar unhas, contadas outras- que están aí, esperando, porque, como di un ferrollo ó que lle chaman Oio: O xeito de sementar contos é contalos».

O autor de Contos para Manuela adica tamén ó final un capítulo no que escolle os seus finais preferidos de tódolos contos que recolle esta obra. Mario Pereira amósase «ante todo un lector e como a tantos lectores, seica lle veñen arroutadas de escribir», segundo matiza neste libro que vai dirixido fundamentalmente a xóvenes a partir dos doce anos de idade. Contos para Manuela xa se atopa a venda nas distintas librerías da comarca de Deza.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177