
CONCHA PINO
A ENTREVISTA
Mercedes Rozas Caeiro, comisaria da exposición «Diálogos co silencio»
A serenidade coa que fala Mercedes Rozas Caeiro explica o temple desta muller. Ela é a comisaria responsable da dificil escolla dos dezeoito creadores plásticos galegos que reúne a mostra inaugurada onte na iglexa de San Domingos de Bonaval, «Diálogos co silencio». «Non están tódolos artistas que quixera _di Mercedes_, pero é unha mostra representativa. Está o pasado, o presente e o futuro, a vixencia de estilos e a renovación». É a primeira que lle dedica á arte galega a programación da Capitalidade Cultural do 2000.
PACO RODRÍGUEZ
A traxectoria profesional de Mercedes Rozas no complexo mundo artístico está ligada ó ámbito institucional, aínda cando traballa «como autónoma». Foi a comisaria de exposicións do Xacobeo, algunhas da Consellería de Cultura para o programa Galicia Terra Única, e para a Fundación Granell. A exposición aberta ate finais de setembro en Bobaval é a primeira que organiza por encargo do Concello compostelano.
_¿Esta mostra parte dun proxecto presentado por vostede?
_Responde a un proxecto que fixen eu, pero a petición da concelleira responsable da capitalidade Cultural, Teresa García_Sabell, que quería montar unha exposición con artistas galegos. Presenteille un proxecto, que aceptou, e, en función dos seis millóns de presuposto de que dispuxen, traballei na montaxe.
_¿Por que elixeu o silencio como tema da mostra?
_Gústame moito a poesía de Valente, así que cando cheguei á iglexa de Bonaval para ver o espacio para a exposición non dudei cal sería o tema que lle daría unha certa unidade. E ós artistas pareceulles ben, e aínda que uns foron máis fieis ca outros a esta idea. Pero penso que o conxunto responde á ese espíritu que emana este espacio tan impresionante.
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177