«Sobre rodas» viaxa en autocaravana e á lavandería

La Voz

TELEVISIÓN

Esta noite o espazo dedicado a os profesionais e apaixonados das rodas ten hoxe a dous peculiares protagonistas.

14 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

reportaxe | 23.00

O espazo dedicado a os profesionais e apaixonados das rodas ten hoxe a dous peculiares protagonistas. Sobre rodas presenta a Carlos Jáudenes, presidente da Asociación dos Autocaravanistas de Galicia dende hai anos.

A súa paixón levouno uns sete anos a comprar a súa primeria caravana en Portugal. Dende aquela, este vehículo ademqis de ser o seu medio de transporte converteuse na súa forma de vida.

O segundo testemuño do programa, Alberto Ramilo, amosará como é o seu día de traballo levando e recollendo roupa para unha lavandería viguesa que ofrece os seus servizos para toda a provincia pontevedresa.

Xunto a Alberto o programa vivirá tamén un dos numerosos controis rutinarios que fai a Garda Civil de Tráfico a este tipo de vehículos. Hobbie e traballo serán, xa que logo, os dous protagonistas do espazo de hoxe de Sobre rodas .