«Mudarse resultou moi fácil»

La Voz

GALICIA

18 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Traballo nunha unidade de servizos educativos en Nebraska. Ofrecemos todo o que as escolas necesitan, desde logopedas ou sicólogos ata profesores de lingua, como español ou chinés. Aquí todo é moito máis barato que en Galicia e mudarse resultou moi fácil. Todo funciona moi ben e o estilo de vida é moi parecido ao noso. Cando penso en voltar, non o vexo nada claro. A verdade é que me gustaría ver en Galicia un lugar no que aproveitar o saber que outros foron recoller lonxe, pero non sei se a volta será posible.