pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

OPINIÓN Miguel Anxo Fernández: «Xa o dicimos en "Lume de cobiza"»

Autor:
Miguel Anxo Fernández
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 13:43 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Que a realidade supera á ficción, confírmase en Lume de cobiza. Cando amañaba a trama da novela, tiña que traer de Los Ángeles ao experto funerario Sugar Jones, un prea que ao tempo é coma o alter ego do detective Frank Soutelo, e ocorréuseme que podería vir (quizais, porque non queda moi claro) a colaborar cunha organización especializada no tráfico de obxectos culturais singulares, no roubo do... Códice Calixtino. A cambio dun troco determinado. Pero considerei que resultaría pouco verosímil e que o lector o asumiría como imposible. Finalmente troqueino polo Necromicón, o mítico libro dos mortos imaxinado por H.P. Lovecraft, que o sitúa no século VIII. Mantendo sempre que unha copia moi valiosa gardábase nos arquivos da catedral compostelá desde os tempos da Inquisición. O modus operandi foi o mesmo: Sugar infiltrado como turista na praza do Obradoiro para visitar a catedral e o seu patrimonio, localizar o libro, comprobar as relaxadas medidas de seguridade, e finalmente a desaparición, que Soutelo lle atribúe aínda sen quedar moi claro. O Cabildo por medo a un escándalo pasa de acudir á policía nun primeiro momento e recorre a unha axencia galega de detectives. Por desgracia, o libro nunca aparecerá... E Soutelo gardarase moito de dar o nome de Sugar para telo amarrado en futuras encomendas. Finalmente, direilles que levo unha mañá de tolos, con amigos que chaman, mandan SMS ou deixan mensaxes no feisbú para divertirse con tan (lamentable, quede claro) coincidencia.

 

ENVIAR NOTICIA  

OPINIÓN Miguel Anxo Fernández: «Xa o dicimos en "Lume de cobiza"»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.