Medidas do seu tempo

Román Rodríguez

GALICIA

26 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Areestructuración da xornada laboral dos mestres de infantil, primaria e especial é unha medida do seu tempo. Xorde dunha vontade política sustentada na procura dunha maior calidade do ensino e na obriga de facer un uso máis eficiente dos recursos públicos. Non se plantexa un aumento das horas que os profesionais deben por a disposición da sociedade para desempeñar o seu labor, que se mantén en 37,5 á semana, senón de reordenar a xornada laboral, pasando de 21 horas lectivas a 25, entendéndose que unha maior dedicación do profesorado na aula é positivo para os alumnos. Tamén se pretende dar resposta a vellas demandas das familias e racionalizar as plantillas dos centros educativos, moi ben dotados en Galicia cunha media de 9,5 alumnos por profesor, por debaixo da ratio española de 11,3. De non actuar na procura dunha maior cultura do esforzo, ou de seguir obrando no 2012 con parámetros do 2007, a sostenibilidade do sistema verase ameazada. É tempo para a solidariedade e para acometer reformas, e non para lanzar mensaxes perniciosas que prexudican á consideración social dos mestres e ao conxunto do sistema educativo.