Admite problemas cos ordenadores nos centros «porque nunca houbo un proxecto tan ambicioso»

La Voz

GALICIA

24 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Un trimestre despois de que comezase o tan anunciado proxecto Abalar aínda hai alumnos que non traballan nos seus ordenadores, pero o responsable da Consellería de Educación lembra que é un proxecto moi ambicioso e que polo tanto se irá rodando pouco a pouco.

-Houbo moitas críticas ao proxecto Abalar.

-Asegúroche que non.

-Pero os docentes din que a formación non pode comezar cando os ordenadores xa están na aula.

-A data de hoxe, practicamente o 100% das aulas están instaladas e conectadas. Evidentemente, danse situacións con desconfiguracións, paredes que non aguantaron... Pero é que estamos falando de 700 aulas, 300 centros e 4.000 profesores. Traballamos tamén con 300 coordinadores de TIC. Estamos falando dun proxecto tan ambicioso que non é unha formación estándar.

-¿Cando estarán os 14.500 alumnos traballando?

-Estamos visitando moitos centros e sempre xorden cuestión puntuais porque nunca se levou a cabo un proxecto tan ambicioso metido nun plan estratéxico, os profesores saben que sempre poden xurdir complicacións, por iso non me gusta dar unha data.

-Xa se está a aplicar o decreto do plurilingüismo, ¿teñen casos de profesores que non o aplican como anunciaran?

-Non. A comunidade educativa acolleu ben o novo decreto. Que evidentemente poida haber críticas, entendemos que son de ámbito político e están fóra da comunidade educativa. Sempre dicimos que é necesario que a política quede á marxe da ensinanza, e o profesorado así o entendeu.