pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

ACOSO DOS PROXENITORES Julio Díaz: «Hai pais que veñen cambiar as notas do seu fillo ou o currículo»

A conflitividade nas aulas galegas é mínima; pero o aumento do acoso por parte dos proxenitores preocupa aos docentes

Autor:
E. Álvarez
Localidad:
santiago/la voz.
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

A convivencia nas aulas galegas «é unha marabilla». Así o di o presidente do sindicato educativo ANPE despois de presentar un informe sobre o defensor do profesor. Malia esa reflexión xeral, é preocupante o aumento dos expedientes disciplinarios a alumnos da etapa de primaria, e dos casos de ameaza e acoso aos docentes por parte dos pais.

-¿Como está a conflitividades nas aulas?

-É unha marabilla dar clase aquí. Pero estamos moi preocupados polos expedientes a alumnos en primaria. Non é normal que se lle abra a un alumno de dez ou once anos, cando un expediente só se inicia por un motivo moi grave a esas idades. Nesa etapa non debería abrirse ningún. Outro problema é o dos pais, hai algúns que veñen protestando e queren cambiar as notas dos seus fillos, e mesmo dinche que o currículo non é o axeitado. O problema do idioma tamén nos está xerando conflito cos pais. Meteuse un problema nos centros que non existía. E non é culpa dos que están agora. Xa se provocou conflito cos de antes e cos de agora. Os docentes chaman moitas veces a Madrid porque non queren que se saiban os seus problemas no centro.

-¿Por que esa intromisión dos pais?

-Agora hai unha maior implicación das familias, e iso é bo. Pero é verdade que ten que ser unha liña de participación, non de imposición. O médico dáche un diagnóstico e punto, pero aquí de educación e de fútbol sabe todo o mundo. Os pais queren o mellor para os seus fillos, pero extralimítanse e fanse grupos de opinión sen coñecer a realidade do centro. Un pai diante do seu fillo nunca pode desautorizar a un docente.

-E cos alumnos, ¿diminuíu a convivencia?

-Houbo casos de agresións en Ourense e de gravacións, pero en xeral esas cousas xa pasaban hai anos. O que non pode ser é que o profesorado vaia de colega dos seus alumnos.

-¿Cales son os problemas máis frecuentes?

-Pelexas entre eles, destrozos ou condutas de faltas de respecto ao profesor.

-¿Hai un perfil?

-Non, non hai un perfil de rapaz conflitivo, pero si etapas, que son primeiro e segundo da ESO. Unha porcentaxe altísima de profesores xubílanse desencantados porque están na aula con rapaces de entre 13 e os 15 anos que non queren estar. É un problema grandísimo ter alumnados desmotivados.

-¿Con pais conflitivos hai fillos conflitivos, ou non ten por que haber relación?

-Si que está relacionado. Ademais, cando un pai fai unha protesta, como son moi corporativos, os equipos directivos teñen que facer verdadeiros equilibrios para ver a quen lle dan a razón.

 

ENVIAR NOTICIA  

ACOSO DOS PROXENITORES Julio Díaz: «Hai pais que veñen cambiar as notas do seu fillo ou o currículo»

A conflitividade nas aulas galegas é mínima; pero o aumento do acoso por parte dos proxenitores preocupa aos docentes

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Julio Díaz: «Hai pais que veñen cambiar as notas do seu fillo ou o currículo»
Díaz di que os profesores non poden ir de colegas dos alumnos
 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.