pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

«Estase vendo a posibilidade de celebrar o xuízo do ''Prestige'' no Palexco, na Coruña»

Fecha de publicación:

Carlos Varela móstrase firme na posición da Fiscalía de non apoiar a imputación do ex director da Mariña Mercante no caso Prestige .

-¿Haberá xuízo no próximo aniversario do «Prestige»?

-Iso é o que esperamos. De momento imos superando fases. Estamos na intermedia, cos escritos de acusación e defensa. O 20 de setembro terminamos e o procedemento pasa á Audiencia, que é a que ten que fixar a data segundo a súa axenda.

-¿Onde se celebrará?

-É un xuízo complexo incluso na súa escenificación. O conselleiro de Presidencia xa está a traballar nisto. Estase vendo a posibilidade de celebralo en Palexco, na Coruña, porque é un edificio coas condicións técnicas idóneas para unha gran cobertura mediática e a tradución simultánea. Ademais, ten espazo suficiente para o gran número de avogados e afectados. Tamén se están a estudar escenarios alternativos, pois o xuízo pode durar mes e medio ou dous meses.

-A Fiscalía pide 2.000 millóns polo vertido.

-Está pendente de concretar a cifra, pero o máis novidoso é que por primeira vez un tribunal valorará o dano ambiental global, que inclúe o dano na saúde das persoas que retiraron fuel.

-A Fiscalía quedoununha postura incómoda ao non apoiar a imputación de López Sors.

-A tese da Fiscalía foi moi meditada. Se fose necesario levaremos a nosa posición ata o Tribunal Supremo.

-¿En Madrid estaban de acordo?

-Totalmente. Cremos que a responsabilidade hai que buscala no capitán en o armador do buque.

-Aínda que ao final igual é o Estado o que terá que pagar.

-Se prospera a tese de algunhas acusacións, pero sempre en proporción á cota correspondente. Por exemplo, un 80% o contaminador e un 20% o Estado. Iso sería o lóxico.

-¿En que plans de futuro traballa agora a Fiscalía?

-Estamos a traballar moito na mediación intraxudicial, ao abeiro do tribunal, especialmente en todo o que concerne ao dereito de familia. A experiencia piloto de Santiago, que deu resultados moi positivos, vaise a estender agora aos xulgados de Ourense e de A Coruña.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Estase vendo a posibilidade de celebrar o xuízo do ''Prestige'' no Palexco, na Coruña»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.