pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | carlos varela fiscal superior de galicia «Os incendiarios reincidentes deben saber que están a ser vixiados»

Carlos Varela defende que os autores dos lumes deben ser detidos con «probas de calidade» e avanza que a investigación do incendio de Fornelos continúa«Temos a experiencia de que unha persoa é detida como autor dun incendio meses despois de que teña ocorrido» «Hai unha razón evidente para explicar os incendios: en Galicia temos un medio rural practicamente abandonado»

Autor:
Pablo González
Localidad:
redacción/la voz.
Fecha de publicación:

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela (O Carballiño, 1956), séntese cómodo falando da problemática incendiaria, pero cando se refire aos feitos e ás probas, e non tanto ao debate político de cada verán. Este traballo paciente permitiu que o ano pasado 43 das 63 sentenzas ditadas fosen condenatorias. «Non podo valorar a dimensión política. A min interésame a investigación, sobre todo se hai incendios intencionados e se pode identificar aos seus autores. Deben ser detidos con probas de calidade, para ir a xuízo e obter unha sentenza de condena».

-Semella difícil obter probas tras un incendio.

-Os incendios cométense en un medio aberto e a calquera hora, buscando a impunidade. Iso implica dificultades.

-Pero o incendiario non vive lonxe do que incendia.

-Sabemos polo perfil psicosocial que son persoas que viven no entorno local, coñecedoras do lugar. Pero obter unha proba directa dunha persoa plantando lume é moi difícil. Por iso temos que acudir a probas indirectas, moitas delas de testemuñas.

-¿As probas de testemuñas non son moi difíciles de conseguir? A Xunta quéixase de que os veciños non colaboran o suficiente.

-Esa dificultade existe. Malia a isto fomos capaces de pórlle nomes e apelidos aos sete incendios máis importantes do ano 2006 e desbotar a idea das tramas. Agora sabemos que as investigacións teñen que ir dirixidas cara ao perfil do incendiario que elaboramos. Sabemos que é unha investigación laboriosa, non frutifica inmediatamente. De feito, temos a experiencia de que unha persoa é detida como autor dun incendio forestal meses despois de que teña ocorrido.

-A paciencia é a compañeira da investigación, pero semella que no caso de Fornelos e Boiro houbo certa precipitación nas detencións. Foron postos en liberdade con cargos.

-Penso que nestes casos os xuíces non viron elementos suficientes para decretar unha prisión provisional, pois esixe unha convicción clara sobre a autoría. Pero a liberdade foi con cargos, o que indica que a investigación vai proseguir e pode ser que dea froito nos próximos meses.

-En Fornelos por tanto segue a investigación.

-Si, para determinar se foi esta persoa ou outras.

-¿Tense claro que foi intencionado?

-Se parte desa base. O importante é que a Policía Xudicial incorpore probas materiais suficientes para que a Fiscalía poida traducilas en probas de cargo no xuízo.

-¿Non cre que as forzas de seguridade poden estar presionadas dende o ámbito político e mediático, obrigándoos a actuar con precipitación?

-Trátase de persoal profesional, especializado na materia e ante calquera delito saben cales son as regras do xogo e a metodoloxía. Non teñen por que sentir presión, máis que a de tratar de esclarecer un asunto no que morreron dúas persoas. De aí que se poña o máximo interese.

-Pero a xurisprudencia pon moi difícil relacionar ao incendiario co homicidio imprudente.

-Haberá que valoralo en función de todos os datos. Hai que ter un autor e saber cales eran as súas intencións, se era consciente de que con iso poñía en perigo a integridade das persoas. Se isto era asumido polo propio autor, pódese plantexar un homicidio imprudente en concurso con delito de incendio forestal. Pero para isto necesitamos unha persoa que a nivel de dolo eventual se representou a posibilidade de que, a consecuencia da súa acción, puidese morrer algunha persoa. Se non, habería unha desconexión entre a acción incendiaria e as mortes.

-¿A acción incendiaria está entón desconectada na maioría dos casos das eventuais mortes na extinción?

-Non adoita estar relacionada coa previsión de causar mortes, outra cousa é o que incendia nas proximidades de vivendas. Nestes casos as penas poden chegar ata os vinte anos.

-¿O Seprona é clave nestas investigacións?

-Si. Coñecen o medio e incluso hai vixilancia previa de persoas de risco que puideron cometer incendios noutras épocas o que hai sospeitas sobre eles.

-¿Dá resultado este control?

-Dá resultado na medida na que os incendiarios reincidentes deben saber que están a ser vixiados e que poden ser sorprendidos. Hai unha base de datos policial moi elaborada e se está facendo un seguimento de persoas de risco.

-¿É legal esta vixilancia?

-É máis ben un control. Se hai un incendio, hai que saber onde estaba esa persoa. Os portugueses utilizan moito este sistema. Os incendiarios saben que están controlados porque a policía lles pregunta. Intúen que hai unha sospeita sobre eles.

-É curioso que sigan existindo tantos incendiarios coa presión social e política que hai neste asunto.

-Dende hai anos a cultura do fogo formou parte da antropoloxía do país. Pero hai unha razón evidente: temos un medio rural practicamente abandonado, mentres que antes o monte era un recurso económico. Agora só quedan grandes espazos forestais desordenados.

-¿Baixouse a garda nas medidas preventivas?

-A principal medida preventiva é planificar e valorizar as dúas terceiras partes de Galicia que representan ese mundo rural empobrecido e envellecido.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | carlos varela «Os incendiarios reincidentes deben saber que están a ser vixiados»

Carlos Varela defende que os autores dos lumes deben ser detidos con «probas de calidade» e avanza que a investigación do incendio de Fornelos continúa«Temos a experiencia de que unha persoa é detida como autor dun incendio meses despois de que teña ocorrido» «Hai unha razón evidente para explicar os incendios: en Galicia temos un medio rural practicamente abandonado»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Os incendiarios reincidentes deben saber que están a ser vixiados»
Carlos Varela cre que o perfil psicosocial do incendiario é unha boa arma para identificalos
Autor de la imagen: | KOPA

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.