Amosando un ton moi crítico en todos os asuntos, o líder do PSdeG considera que o arranque do novo curso político servirá para constatar o «fracaso» do Goberno de Feijoo, que ve notorio no capítulo dos incendios.
-¿Como afronta o PSdeG o comezo do novo período de sesións?
-Con ilusión renovada e coa confirmación de que, logo dun ano e medio, Feijoo non ten un proxecto para o país, porque vemos que preside un Goberno escapista e os grandes problemas seguen aí.
-O presidente da Xunta ven de considerar «óptimo» o funcionamento do operativo de incendios. ¿Que lle parece?
-El di que todo vai de marabilla, namentres Ourense arde estes días polas catro esquinas. Os incendios estanse apagando con retraso e ocultalo non serve de nada. Feijoo pasou de ensinar os mapas da NASA no 2006 a ocultar os mapas de incendios de Medio Rural e a silenciar aos medios públicos.
-¿Que mudou na loita antilumes?
-Non hai nin un só núcleo habitado en Galicia onde se tomaran medidas preventivas no último ano. Isto é grave, porque as aldeas están cada vez máis abandonadas, con árbores que entran nas casas converténdoas nun polvorín. Non se limpou e o Goberno estivo escapado.
-¿Ve necesario afondar máis nos feitos do incendio de Fornelos?
-Non é necesario, é ineludible por respecto ás familias e á cidadanía. O responsable da Xunta é o seu presidente e non se pode despachar todo isto dicindo que foron os propios brigadistas os responsables da súa morte.
-¿Que presentimento ten dos Orzamentos da Xunta para o 2011?
-Van a ser a confirmación do fracaso do proxecto de Feijoo para Galicia. Dos compromisos dos que falou sendo candidato, non vai cumprir un, porque a licitación de obra pública cae a mínimos históricos, están despedindo médicos a ducias e a cerca de mil profesores. As axudas á dependencia van a mermar e as políticas de emprego non existen.
-Pero o escenario de recortes é xeneralizado. O Goberno de Zapatero tamén é afeccionado ás tesoiras....
-A diferenza é que dende Madrid recórtase obra pública, pero non a estratéxica. En España estamos a sufrir un proceso de adaptación, mesmo Alemania acaba de retrasar a idade de xubilación aos 67 anos, e o que compre é tomar medidas equilibradas. As decisión do Goberno central, pese a ser dolorosas, están sendo entendidas pola cidadanía.
-¿Non cree que o desgaste de Zapatero pode pasarlle factura ao PSdeG?
-Non o creo. Temos datos que indican que o PSdeG vai revalidar as cidades onde goberna, porque os cidadáns saben discernir ben entre a escena estatal e a xestión dos seus alcaldes.
-¿Vai facer cambios no grupo, xa que hai deputados que se ven relegados?
-Os cambios non están na axenda. Estou satisfeito de como funciona o grupo.
-A elección de candidatos complícase en cidades como Pontevedra...
-En Pontevedra e outras localidades están traballando unidos. Eu non teño a máis mínima preocupación porque van facer unha gran proposta.
-Louro, Casal, Meijón, Valcarce, ¿ten algunha preferencia?
-Eu teño un tremendo respecto por un equipo de persoas que levan gobernando en Pontevedra dende hai 8 anos.
-¿Hai que cambiar os pactos co BNG como din algunhas voces do PSdeG?
-Como todo, hai que agardar ás eleccións porque os cidadáns son os que deciden quen goberna, pero os pactos gozan de moi boa saúde.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios