O debate sobre o Estatuto e a situación económica marcarán, según o líder do BNG, a actualidade política no comezo do curso, no que os nacionalistas estarán pendentes tamén da aplicación do decreto do galego.
-¿Como vai iniciar o BNG o curso?
-Pois imos a retomalo onde quedou, porque hai cousas enriba da mesa como o debate sobre o Estatuto de nación e xa anunciamos que presentaremos un texto para acadar un acordo. Tamén está a crise e a situación que estamos a sufrir de baixos salarios, de emprego precario e todo un debate aberto sobre a reforma das pensións.
-E veremos a implantación do novo decreto do plurilingüismo
-Todo o mundo ten expresado a súa opinión sobre o decreto, que non foi concibido para potenciar o galego. O PP segue empeñado en tirar cara adiante, pois alá eles. Só espero que non se lles ocorra reprimir ao profesorado, porque vai haber moita oposición para aplicalo.
-¿Que lle parece que Feijoo cualificara de óptimo o operativo contraincendios por dar mellores resultados que no 2006?
-O PP usa os incendios como un arma política. Eu nunca faría o que fai Feijoo, actuando coa mangueiriña para a foto, porque estamos ante un problema estrutural moi serio que produce uns efectos perversos. Ademais este verán producíronse dous mortos e non debería Feijoo poñerse tan gallito co balance, tería que ser modesto.
-¿Que falta facer contra os lumes?
-Compre actuar con forza, con consenso político, pero para iso hai que tomar medidas preventivas, pensar a longo prazo e actuar sobre o cerne do problema.
-¿Veu algunha diferenza no operativo respecto doutros anos?
-Temos unha dinámica similar. O problema é cíclico e pouco fai a Administración se só se adica é facer unha política de opacidade informativa para ver se disimula o número de hectáreas queimadas. O problema é de fondo, vencellado ao monocultivo de eucalipto, ao minifundismo, e á falta de políticas preventivas que agora se descoidaron.
-¿Cre que está esclarecido o ocorrido no incendio mortal de Fornelos?
-É necesario promover unha investigación a fondo, pero non porque se queira desestabilizar un Goberno, senón para coñecer a verdade, depurar responsabilidades se as houbera e, sobre todo, para intentar que non se repita de novo.
-¿Que agarda do proxecto de Orzamentos?
-Seguirá indo pola vía dos recortes dos investimentos produtivos e os servizos sociais, en consonancia co que fai o Goberno do Estado.
-¿E por onde debería ir?
-Hai políticas de fondo para satisfacer aos mercados que non compartimos. Nós queremos unha política fiscal máis axeitada, que paguen máis as grandes fortunas. Estaríamos en disposición de falar de recortar gasto improdutivo, por exemplo traendo as tropas de Afganistán, pero non de recorrer ao capital privado para financiar infraestruturas ou sanidade.
-¿Amainaron as tensións suscitadas no BNG polas listas electorais?
-As únicas tensións que puido haber son as que derivan da vontade democrática dos militantes do BNG. Nós fixemos procesos transparentes nas cidades. Esa fase xa pasou, e penso que quedou ben resolta. -¿Teme que as eleccións marquen o regreso do PP aos gobernos urbanos? -Non ten por que ser así. Eu non sei que pode aportar o PP ao goberno das cidades, non vexo o motivo de por que a xente lle ten que dar a confianza.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios