pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

«Moléstanme certas etiquetas, non represento a un partido»

Fecha de publicación:

Aínda que a Xunta reducira os cartos das universidades, Mato di que hai marxe para seguir crecendo en financiamento. Pero que hai que saber como.

-Hai consenso en que a campaña foi dura. ¿Queda tocada a Universidade?

-Dura... depende de como o vexas. Nós apenas falamos da outra candidatura. O único que dixemos era que estaban a adoptar moitas das nosas propostas despois de que saísen publicadas.

-¿E do seu rival a vostede?

-Deles cara a min si que houbo moitas referencias. O único que critiquei é que fixeron unha campaña hiperprofesional, porque creo que estaba fóra de lugar. A min moléstanme certas etiquetas, porque non representamos a partidos políticos. Eu son nacionalista e non o oculto, pero non represento a un partido nacionalista; represento un modelo de universidade.

-¿Que é o mellor que vostede pode dar á Universidade?

-Ademais das gañas, enerxía e optimismo, creo que a experiencia na xestión e o coñecemento do mundo universitario e do mundo real, das empresas e organismos. Isto dáche unha visión de conxunto e unha boa rede de contactos. Ábreche portas. Por exemplo, un dos que me chamou foi Cuqui [Xosé Manuel] Silva [director xeral da Unión Europea para Investigación].

-A súa promesa estrela é conseguir cartos fóra dos circuítos tradicionais, no que chama caladoiros financeiros. ¿Onde están?

-Por unha parte, no marco comunitario, que temos ata o 2013. O CDTI ten 500 millóns para Galicia e como non os consigamos, pérdense. Son cartos destinados a empresas, pero o 15% debe ser subcontratado a centros públicos, e aí imos estar nós, porque no caso das universidades son subvencións a fondo perdido. Tamén está o Feder ligado a infraestruturas, do que quedan entre 50 e 70 millóns.

-Santiago e A Coruña tamén aspirarán...

-Pero non se están mobilizando. Ademais, hai ata 16 departamentos dos ministerios que xestionan fondos europeos para Galicia. E está o Feder que xestiona a Xunta, non só para estradas. Non é casualidade que os 90 millóns que non se gastaron dos Presupostos do 2009 fosen Feder.

-Seica vai parar pouco na oficina...

-Si. Cando estaba na Xunta, fixen o Incite [o plan galego de I+D+i] no coche.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Moléstanme certas etiquetas, non represento a un partido»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.