¿Tamén hai límites na outra vida?

Redacción dixital

GALICIA

Roi Fernández achega desde Chantada este sinal polivalente e algo funesto.

07 may 2010 . Actualizado a las 15:27 h.

Desde o Barrio da Ponte en Chantada chega a esta redacción un novo exemplo de chapuzas galegas. Trátase dun sinal de tráfico que conten varias esquelas mortuorias.

Como indica o autor da imaxe, é «unha mensaxe... polivalente, de morte; non é o lugar indicado para anunciala, pois pode ser a causa de provocala».