pub
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

A CARA B debuxante David Rubín: «Aprendín a ler cos tebeos»

Xunto con Kike Benlloch vén de rematar unha historia que ten a Novoneyra como eixo central; e vai avanzando con «O Heroe», unha revisión do mito de Heracles

Autor:
Nacho Mirás Fole | nacho.miras@lavoz.es
Fecha de publicación:

Chove auga por fóra dos soportais da rúa do Vilar, en Santiago, e licor café por dentro. Falamos no Suso dos tebeos e da vida, a miúdo máis prosaica que as historietas debuxadas. David Rubín Miguélez (Ourense, 1977) é un dos grandes da banda deseñada galega, un home cheo de talento e de principios ao que se respecta en moitos sitios do mundo, tamén aquí.

-Comeza o ano con moito traballo e con cambios...

-Desde que marchei de Dygra estou establecéndome de novo, comezando con novas cousas que me levan moito tempo. Acabo de rematar un tebeo, feito xunto co guionista Kike Benlloch, sobre Uxío Novoneyra, editado en galego para o Día das Letras. Tentamos facer algo diferente, non queriamos facer a típica banda deseñada de bustos que falan e datos, senón algo que se poida ler coñezas ou non a Novoneyra. E penso que demos no cravo, falando da vida dun personaxe ficticio que descobre o valor de ler e falar en galego grazas aos versos de Novoneyra.

-¿E como vai esa revisión do mito de Heracles chamada «O Heroe»?

-Estou a medias, levo cincuenta páxinas de trescentas e pico. É unha revisión do mito de Heracles e das súas doce probas, pero non unha adaptación do mito coñecido, todo está dado a volta.

-Ao non haber dereitos de autor, cos clásicos pode facer un o que lle pete...

-Claro. No fondo é unha historia máis de Superman alternativa que de Heracles que, no fondo, vén a ser un trasunto do mesmo. Quería facer un tebeo longo, con moitas escenas de acción, e todo o libro é unha especie de tratado sobre o heroísmo, o bo e o malo que conleva ser un heroe. Parece que Superman non súa, non vai ao váter... pois o meu heroe é todo o contrario, pero sen ser unha parodia dun heroe. Trátase de coller a un ser divino e humanizalo: un tipo que é capaz de correr máis rápido ca un lóstrego e, ao mesmo tempo, tamén é quen de rir ou de pasalo mal coma ti ou coma min.

-Que sería dos tebeos sen os superheroes...

-O xénero dos superheroes é o único de todos os que existen no cómic que naceu dende o propio cómic e logo exportouse a outros. Os superheroes creáronse nos anos vinte e trinta en Estados Unidos e seguen a funcionar; é a mitoloxía actual.

-¿Vive xa de debuxar?

-Agora mesmo si.

-Hai nada, era un asalariado nunha empresa de animación e a cousa non rematou ben...

-En Dygra estiven case oito anos da miña vida e moi ben. O que pasou foi que, no 2009, deixaron de pagar. Chega un momento no que xa non aguantas. Gañei un xuízo co cal puiden rescindir o meu contrato, pero eu e nove persoas máis seguimos a agardar polos nosos salarios do 2009. Entristéceme moito ter que marchar dun sitio onde aprendín tanto.

-Contoume un paxariño de pelo branco que vostede comezou a debuxar sendo moi pequeno, como xeito de comunicarse...

-De crío tiven moitos problemas de saúde e tiña que pasar moito tempo na casa. Aprendín a ler cos tebeos, gustábame debuxar... Comecei a facer historietas imitando os tebeos que lía.

-¿O primeiro que fixo?

-O primeiro que recordo foi un tebeo que fixen en primeiro de EXB, con seis anos. Gustábame unha rapaza da clase e, como non me atrevía a dicirlle nada, debuxeille unha historieta na que lle falaba dos meus sentimentos.

-¿E picou?

-Non, a historieta caeu en mans da profesora. Aínda quedaban mestres do franquismo e me choveu algún reglazo .

-¿De verdade escribiu aos 16 anos que quería morrer aos 30?

-Iso parece. Son destas parvadas que fas, querías ser como James Dean... Agora non, para nada. ¡Xa teño 32!

-¿Para triunfar de verdade como debuxante hai que marchar de Galicia?

-Si. Cada vez hai máis propostas editoriais aquí, sempre está ben, pero á hora de gañar as lentellas hai que marchar. Eu vivo desto porque os meus libros os vou vendendo fóra de España. Cos royalties que veñen dos diferentes países vas vivindo. O Heroe funcionou de marabilla no festival de Angoulême deste ano; teño quince propostas de diferentes países do mundo para publicalo.

-Por sorte, o top manta no cómic aínda está pouco explotado...

-A ver agora co iPad [ri].

-¿Na casa sempre comprenderon a súa paixón?

-Si. No bacharelato era un estudante selectivo, sempre estaba a debuxar nas marxes das libretas e dos libros. Daquela non pensaba que me puidera gañar a vida cos tebeos. Saín do bacharelato, fixen o selectivo e aprobeino, por dicir que era quen de facelo, e xa me puxen a estudar deseño gráfico en Ourense. E aí seguimos.

 

ENVIAR NOTICIA  

A CARA B David Rubín: «Aprendín a ler cos tebeos»

Xunto con Kike Benlloch vén de rematar unha historia que ten a Novoneyra como eixo central; e vai avanzando con «O Heroe», unha revisión do mito de Heracles

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.