pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:inters
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO PRESIDENTE DO PP DE GALICIA «Do comportamento de Baltar neste congreso non fago comentarios»

Feijoo cre que o conclave de Ourense fortalecerá ao PP e non causará rupturas

Autor:
José Manuel Rubín
Fecha de publicación:

Tan só fala de futuro, de liberdade e de democracia. Pensa que o congreso de mañá de Ourense será a lanzadeira do PP galego para o éxito nas municipais do 2011 porque, di, «o importante non é gañar un congreso; o importante é gañar unhas eleccións».

-¿Que lle preocupa máis, o decreto do galego, a fusión das caixas ou o congreso do PP?

-O que máis me preocupa é o paro, pero tamén a forza de Galicia no mapa financeiro español. En canto ao decreto do galego temos que saber interpretar a cordialidade bilingüe do país. O que non me preocupa é o cambio de líder do PP en Ourense.

-¿Como ve o último dos congresos do PP galego?

-Eu o que quero en Ourense é que se vote en liberdade. Que se vote pensando só o que máis lle interesa ao partido para renovalo en clave de futuro.

-Pero en Ourense o que se ve é unha confrontación con denuncias, observadores...

-En Ourense dende hai 20 anos non se fixo un proceso deste tipo, e sempre hai defectos. En relación cos observadores, os que os rexeitan é que non coñecen os estatutos do partido. En todos os congresos locais hai membros do comité provincial e autonómico. E en todos os congresos provinciais hainos autonómicos e nacionais. Sempre foi así. Non é enviar observadores. É cumprir os estatutos e velar por que non haxa incidencias. O importante do congreso é que se elixa en liberdade e que houbese máis dun candidato.

-¿Cal é o seu?

-Aprendín cando foi a sucesión de Fraga o papel de Fraga. Foi moi claro. Non pronunciarse e deixar o protagonismo, a autoridade e o poder ao seu sucesor, e creo que é o que hai que facer en Ourense. Eu son o presidente de todos, voten a quen voten e, polo tanto, non me podo pronunciar. Quero que gañe o que queira a xente do PP de Ourense que gane.

-Cre que pode repercutir nas municipais do 2011.

-Non. Estou seguro que a partir do luns todos van traballar xuntos e se hai algún que non o entende terei que explicarllo.

-¿Propicia vostede a unidade das dúas candidaturas?

-Non. A unión das candidaturas correspóndelle aos candidatos. É un decisión indelegable, unirse ou ir separados. A min correspóndeme tan só dicirlle aos compromisarios que voten en liberdade pensando en gañar as próximas eleccións. Gañar un congreso e perder unhas eleccións sería un sonoro fracaso.

-Baltar admite que non é neutral e que traballa para que gañe o seu fillo. ¿Que cre deste concepto da neutralidade?

-Respecto moito a figura política de Baltar, e sobre o seu comportamento neste congreso non fago ningún comentario.

-¿Por que chamou Rajoy a Baltar a Madrid?

-É o normal. Baltar vaise e eu díxenlle a Rajoy que me parecía que neste momento procedía una conversa cunha persoa importante do partido á que lle estamos moi agradecidos.

-¿Non se pode interpretar esa intervención como unha desautorización a vostede?

-Se Rajoy fala cos presidentes galegos pódese considerar unha desautorización e se non fala é que non lle interesa Galicia. Esa reunión sae dunha conversa miña con Rajoy na que lle dixen que me parecía razoable que estivese cun presidente, que formou parte da historia do partido durante moito tempo.

-¿Teme que se perde o congreso Baltar podería propiciar unha ruptura en Ourense?

-Baltar dixo moitas veces que de Fraga para abaixo todo era democracia. Creo que ese pensamento del é perfectamente claro. Ningún militante quere prexudicar ao partido, e menos un que foi presidente vinte anos.

-¿Non ve en perigo a maioría parlamentaria por unha posible deserción dos deputados baltaristas?

-Paréceme que é unha pregunta de ciencia ficción. A maioría parlamentaria sae das urnas e ao PP votárono case 800.000 galegos, e iso non se pode cambiar.

-¿Cicatrizou a ferida do 2005 cando Baltar o vetou para a candidatura de Ourense?

-Absolutamente. Aquela ferida probablemente foi unha das razóns polas que gañei o congreso do 2006. Pontevedra pediume que fora liderando a provincia, e despois foi clave na elección do sucesor de Fraga.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO «Do comportamento de Baltar neste congreso non fago comentarios»

Feijoo cre que o conclave de Ourense fortalecerá ao PP e non causará rupturas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Do comportamento de Baltar neste congreso non fago comentarios»
O presidente pídelle aos compromisarios que voten en liberdade
Autor de la imagen: | V. MEJUTO

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.