pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

A CARA B | xesús couceiro Libreiro «O libro galego destruíuse»

Fixo en Santiago un establecemento á súa imaxe e foi un bicho raro no seu sector; hoxe, cando cumpre 40 anos de libreiro, avisa do futuro incerto da edición en Galicia

Autor:
Por Nacho Mirás Fole | nacho.miras@lavoz.es
Fecha de publicación:

O mundo do electrodoméstico perdeu a un dos seus grandes valedores cando Xesús Couceiro Rivas (Albixoi-Mesía, 1941) decidiu poñer punto e seguido na súa carreira comercial e mudar as lavadoras polos libros. En outubro, a Libraría Couceiro cumprirá corenta anos.

-Foi un emigrante breve...

-Marchei a Suíza porque non quería facer a mili; estiven dez días. Iamos no tren en peores condicións que o gando nos camións. Estiven varias horas pechado nun soto e despois tiráronnos en Francia. Logo fun para Lión, pero non atopei nada. Así que estiven en Barcelona ata que acabei os cartos.

-¿Como comeza cos libros?

-Comecei a traballar nunha empresa de electrodomésticos, que se empeñou en mandarme a Santiago. Con 23 anos era o xerente da sucursal. Gañaba moitísimos cartos.

-Xa está, a vivir ¿non?

-Non, traballaba como un animal. O traballo comezou a atragoárseme. Era o bum dos electrodomésticos; vendías, pero moita xente non podía pagar. ¿Ti sabes o que era ir a unha casa e levarlle a televisión a unha familia, cos nenos a chorar? Ou a máquina de coser a unha rapaza que lla mercaran con tanta ilusión. Plantei.

-Por principios, logo...

-Si. Non quería un traballo para martirizarme.

-Entón aparecen os libros...

-Verás... En Santiago, eu vivía da pensión e a dona tiña un irmán maior, que me ofreceu un local de aluguer na rúa de San Pedro. «Xa me pagarás cando poidas», díxome. Eu pensei: «A min os libros gústancheme, pode ser un traballo no que goce». E chegou a librería no ano 69.

-E ata hoxe...

-Con moitas vicisitudes, non foi unha librería clásica dende o principio. Comecei con libros de texto. No 72 cheguei á conclusión de que tampouco, aínda que vendía eu máis que o resto, facías cartos. Estouche dando a lata...

-Non, siga, temos tempo...

-En Santiago había o costume insán de facerlle o desconto do dez por cento aos estudantes universitarios. Pero viña un pai de sete fillos que non tiña que darlles de comer e a ese cobrábaslle todo. Tamén me atragoei, vin que iso non o podía facer. Ocorréuseme ofertar un desconto do vinte por cento a todas as familias numerosas.

-Política social... libreira.

-¡Botáronseme enriba os colegas e o Instituto Nacional del Libro! Retirei a proposta e deixei os libros de texto. Na prensa denunciei publicamente que «o libro de texto era un estafa social». Non me meteron no cárcere por pouco. Deixei tamén a papelería e especialiceime no libro galego e portugués.

-¿Morrerá o libro?

-Non, pero cambiou moito. Hoxe non se le e non se compran libros. O libro galego destruíuse, fixeron pan para hoxe e fame para mañá. Non hai ningún produto no mercado que poida subsistir sen promoción, ningún. O Goberno gasta moitos cartos no que lle chaman promoción, pero eses cartos van destinados a subvencionar aos editores, e o libro non chega a onde ten que chegar. Regálanse moitísimos libros en galego, hai a idea de que non fai falta compralos. Agora, a fame que anunciei hai vinte anos, xa chegou. Teñen almacéns ata o teito e non os poden resistir, e os regalan ou os guillotinan para que non se saiba.

-Vanlle berrar...

-Non, eu teño libros a catro perras porque os editores non se dan desfeito deles. Gustaríame que puxeras unha cousa...

-Diga, é a súa entrevista...

-Que o libro galego, por este camiño, non vai desaparecer, pero si van desaparecer as canles de comercialización, moitas librerías. Os editores venden directamente nos centros de ensino, cos descontos dos libreiros, tamén para os mestres particularmente, e se os mestres non entran nas librerías, tampouco os alumnos.

-¿Sobrevivirá o negocio outros corenta anos?

-Estamos neso. O bo desta profesión é que non se lle fai mal a ninguén.

 

ENVIAR NOTICIA  

A CARA B | xesús couceiro «O libro galego destruíuse»

Fixo en Santiago un establecemento á súa imaxe e foi un bicho raro no seu sector; hoxe, cando cumpre 40 anos de libreiro, avisa do futuro incerto da edición en Galicia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«O libro galego destruíuse»
Couceiro leva corenta anos dedicado a facer o que lle gusta: vender libros nun establecemento feito á súa imaxe e semellanza | xoán a. soler
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.