pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

A CARA B | MANUEL OLVEIRA «PICO» Actor «Non hai protagonistas sen secundarios»

Seguro que se alguén o atopa pola rúa di: «¡Este é actor!», outra cousa é que saiban poñerlle nome. Cura, bispo en «Padre Casares» ou romano, préstase a todo

Autor:
Por Nacho Mirás Fole | nacho.miras@lavoz.es
Fecha de publicación:

O seu é un dos rostros máis populares das pantallas, aínda que non adoite interpretar ao chico da película. Manuel Olveira Gallardo (Muros, 1955), máis coñecido como Pico , atópase cómodo facendo de home de Deus, pero tamén pode ser o soldado romano que, no vídeo electoral do BNG, trata de saber onde se agacha Anxo Quintana.

-¿E o de Pico?

-Os alcumes de pequeno; ao que non o tiña, inventábanllo. Polo meu nariz, comezaron a chamarme Pico de loro, e de aí veu Pico. Xa tiven algún problema para cobrar cheques nos que empregan o alcume como un apelido.

-Non sei se está de acordo, pero penso que son moitos os que recoñecen a súa cara pola rúa, pero son incapaces de poñerlle nome...

-Si, e a xente adoita a mesturar series, e xa non sabe se saías en Rías Baixas, ou en Mareas Vivas, Rías Vivas, Mareas Baixas... Saben que estás por aí. Ten saído algunha foto no xornal na que me identifican como Manuel Millán, ou Millán co meu nome debaixo, porque eu era o cura de Mareas, pero en Pratos combinados fixen a un avogado, e Millán era o cura de Pratos. Nas dúas primeiras etapas de Mareas, a xente coñecíame polo nome do personaxe, don Amancio. Agora, por Padre Casares, xa son o bispo.

-Ou o romano do vídeo do Bloque; o único que sae nese anuncio que non é Anxo Quintana...

-¡Estou sorprendido do efecto do vídeo! O outro día, cando baixaba no autobús de Fontiñas, en Santiago, puxeron o anuncio nas pantallas, foi unha sensación rarísima. Aí son o malo; ninguén me pode reprochar nada.

-Fixo de clérigo, incluso, hai xa anos, de apóstolo Santiago nunha montaxe do Mago Antón. ¿Ten unha vea espiritual?

-Non sei se é pola cara. Creo que teño cara de vasco, aínda que tamén me parezo moito a don Ramón María Aller, un crego que fundou o observatorio astronómico da Universidade de Santiago. ¡Son cravado! E tamén a Wenceslao Fernández Flórez. Estudei sete anos no seminario, interno, algún pouso quedaría. Pero supoño que é máis polo físico e a forma de ser. Tamén me chamaron moito durante un tempo para facer de personaxe bo, e ultimamente, para facer de malo. Vai por rachas.

-O bispo de «Padre Casares» tamén é un tipo entrañable...

-É un papeliño pequeno, pero moi agradecido. Dentro da serie dá un toque de normalidade a todo ese pobo de camándulas [ri]. É alguén con moita humanidade, que ten unha relación moi paternal co protagonista, un home moi sensato, aínda que tampouco se mestura moito coa xente. Normal, claro, é un bispo. Estou encantado. Algunha vez gustaríame estar máis con estes camándulas de Louredo. Pero é un traballo que me permite facer outras cousas.

-¿E os papeis cómicos?

-Sempre me gustou facer rir, xa de pequeniño, era o pallaso de turno . Igual tamén era un punto de vaidade, como os outros xogaban ben ao fútbol e eu non...

-Os graciosos tamén ligan...

-Non creas, nunca fun moi ligón. Cando máis éxito tiven foi na época que estiven de cantante de orquestra. ¡Sería polos traxes! Estiven en Lúa, de Padrón, e en Novas Ideas, de Corme.

-¿E para cando un musical en Galicia deses ben feitos, «a lo grande», como fan en Madrid?

-Sempre digo que hai que facer un. Eduardo Alonso fixo unha cousa. Noite de Reis tamén ten algo... pero musical de verdade, coa orquestra en directo, non hai. Penso que hai xente para facelo, pero é moi caro. Sería cuestión de que aparecera un empresario listo, ou o teatro público.

-E alguén que ten feito tantos papeis secundarios, ¿soña cun protagonista?

-É complicado, o meu físico, a idade... Igual un policía, podería ser. Pero estou moi cómodo cos papeis secundarios, teñen moita miga. Sempre dixen que, de maior, quería ser como Luis Ciges. Non hai protagonistas se non hai secundarios. O protagonistas que me gustaría facer en teatro xa o fixen, Ricardo III, acabei bastante baldado.

-É bo cociñeiro...

-Non se me dá mal. Gústame moito ir á praza cando podo a facer a compra e, sobre todo, a ver. Son fiel a un pescadeiro de Muros que me dá moi bo material.

-¿Para vivir, Santiago?

-¡Ai se tivera mar....! Pero estou encantado. A Muros vou menos do que quixera. Aínda vive miña nai, estou casado alí...

-A súa nai será unha fan incondicional, claro...

-Cando me metín nisto da farándula, ela non o entendía moito, dicía que mellor de calquera cousa menos isto. Pero cando comprobou que me gañaba a vida máis ou menos ben, aceptouno. Agora está encantada e tamén ten o seu punto de vaidade cando o fillo sae na tele.

 

ENVIAR NOTICIA  

A CARA B | MANUEL OLVEIRA «PICO» «Non hai protagonistas sen secundarios»

Seguro que se alguén o atopa pola rúa di: «¡Este é actor!», outra cousa é que saiban poñerlle nome. Cura, bispo en «Padre Casares» ou romano, préstase a todo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Non hai protagonistas sen secundarios»
Se a cara é o espello da alma, Pico ten o ceo gañado | ÁLVARO BALLESTEROS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.