O director xeral de Promoción Científica do Sistema Universitario asegura que a Xunta aportou nesta lexislatura, por enriba do plano de financiamento, entre 60 e 65 millóns ás tres universidades.
?Se o plano actual é tan malo, ¿por que non se negociou nestes tres anos?
?Había un plano recentemente firmado e acadado con certo consenso coas universidades, que xeraba unhas expectativas no seu financiamento, e que non parecía oportuno revisar tan pronto en aras da estabilidade.
?¿Parecéronlle oportunistas as declaracións dos vicerreitores nacionalistas criticando a falta de cartos?
?O plan de financiamento é responsabilidade de Educación, pero tamén de Innovación [do BNG], e este ano o Goberno investiu un 51% máis en investigación do que recollía o plan, polo que o debate non é necesario.
?¿O novo plan vai avaliar máis ás universidades?
?O plan está por formular, pero en principio non pode ser doutra maneira. A crítica que facemos ao actual é a carencia de mecanismos de optimización do sistema, polo que hai que incrementar os mecanismos de financiamento asociados a obxectivos cuantificables e a indicadores de eficiencia docente, transferencia ou internacionalización.
?Incentívase investigar, ¿pero non debería incentivarse investigar ben?
?Hai que esixirlle ás universidades cada vez máis a valorización e a rendibilidade da investigación que desenvolven. No contexto actual deben priorizar a súa capacidade científica dunha maneira sostible, e comprometida co desenvolvemento económico.
?A crise chegará ao 2009, ¿vaise negociar o plan neste contexto?
?Nun contexto desfavorable tanto os xestores do Goberno como os das universidades temos a responsabilidade de reformular os obxectivos de financiamento e as prioridades do propio sistema.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios