pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

JAVIER DEL VALLE-INCLÁN ALSINA Bibliotecario, escritor e neto do pai do esperpento «Non se liga máis polo apelido»

Coautor dun libro sobre os últimos días do seu avó, cre que don Ramón o pasaría moi ben retratando á Galicia actual e a algúns dos seus protagonistas

Autor:
Por Nacho Mirás Fole | nacho.miras@lavoz.es
Fecha de publicación:

Se Ramón María del Valle-Inclán é o pai do esperpento, entón Javier del Valle-Inclán Alsina (Pontevedra, 1959), neto do autor de Luces de Bohemia, é sobriño do esperpento. No libro La muerte de Valle-Inclán, editado por Ézaro, Carlos Reigosa, José Monleón e o propio Javier pasean polos últimos meses dun xenio.

-¿Por que a morte?

-O título vai relacionado con dous dos textos que aparecen na obra, un artigo de Carlos Reigosa e outro meu, que tratan sobre os últimos meses de Valle-Inclán en Santiago. O texto de José Monleón non se refire exactamente a eses meses, pero recorda a súa viaxe a Galicia a finais dos setenta e permite colocar un pouco a visión que ten un director de teatro nos estertores do franquismo. En realidade, o título é unha idea do noso editor, Alejandro Diéguez.

-O seu avó morre nun ano complicado, o 36...

-Si, Carlos Reigosa dá un punto de vista máis social, a visión das distintas forzas contrapostas que estaban en Compostela, progresistas e reaccionarias, conta como tomou cada unha o feito de que Ramón del Valle-Inclán fose enterrado civilmente.

-¿Por vontade propia ou decidiron por el?

-Decidiuno el. Dicía que estaba a ben con Deus e que non necesitaba dese auxilio espiritual.

-Pero ateo tampouco era...

-Non, non se pode sacar esa conclusión, nin do que deixou escrito, nin do manifestado, nin tampouco da súa obra. De feito, a súa viúva, Josefina Blanco, dóese do aparente ateísmo co que era pintado o seu marido nos últimos días en Compostela. Eu creo que non era un home ateo nin descreído; quizais un pouco lonxe da Igrexa, pero paseaba pola Alameda de Compostela cun crego.

-O enterro foi terrible. ¿Que ocorreu?

-Debeu de ser tremendo. Chovía a cachón, era o día de Reis. Ás cinco da tarde empezou o enterro. Como dixo o xornalista Álvaro Ruibal, en 1936 Boisaca era «un monte pelado e sinistro». Co que chovía, a cousa estaba como para aviar ao morto, metelo na caixa e refuxiarse. En todo ese escenario, a investigación de Carlos Reigosa conclúe que houbo un grupo de fascistas que se dedicaron a pasear un can morto, que dicían que tamén o ían enterrar.

-¿Mofándose?

-¡Si, si! Tamén houbo un pequeno altercado, unhas fontes din que foi protagonizado por un membro da familia Pasín, outras que por un anarquista anticlerical coñecido como O Nécoras. O caso é que este home protesta cando ve que o cadaleito leva unha cruz enriba e prodúcese un momento de confusión que se resolveu porque chovía moito e había que liscar.

-Dos grandes se documenta ata o derradeiro alento. ¿Que dixo Valle antes de pasar?

-Azorín, nun artigo que publicou en Abc, di que o último que pediu este home foi un vaso de auga. Di Azorín que é coma se quixese limpar o seu corpo antes de presentarse diante do Altísimo.

-Ou que tiña sede...

-¡Ou que tiña sede, simplemente! Desde logo, o meu pai nunca comentou ese tipo de cousas, e el estivo presente, xunto cos doutores que o atenderon, Villar Iglesias e Villar Blanco.

-¿Imaxínase poder falar dez minutos co avó que non coñeceu?

-Tería que ser moi interesante, calquera pagaría por ter dez minutos con ese escritor.

-¿De que falarían?

-Quizais o convidaría a tomar un café no Derby e que falase el, dos seus antepasados, do seu pai, do seu avó... de Francisco del Valle-Inclán, que foi o creador da Biblioteca Universitaria de Santiago... ou falariamos daquel familiar que estivo preso no cárcere de Santiago; en fin, dese mundo de fidalgos e de pobres e de casas e castes que desaparecen, do que el foi a última testemuña.

-Valle segue a ser actual...

-É o escritor do 98 que mellor parado sae. Os seus libros reedítanse, o seu teatro volve a aparecer cada certo tempo... O seu labor ten actualidade: a corrupción dos réximes políticos, o autoritarismo, o papel da Igrexa...

-Vostede é bibliotecario, aínda que algo de literatura levará nos xenes...

-Iso non se leva nos xenes. O escritor ten que ter unhas dotes naturais, pero logo ten que cultivalas.

-¿Pesan os apelidos?

-Pesan, pero se un está ben educado e non trata de ser como Rociíto e subirse ao lombo do seu devanceiro, a cousa lévase ben. Pero tampouco che fan máis favores, nin che invitan a cañas . Non se liga máis polo apelido.[ri].

-A saber que diría o seu avó da Galicia actual...

-Pasaríao moi ben con esta Xunta e coa anterior, si, si, siii... [recréase no «si»]. O camarada Pérez Varela podería saír moi ben retratado en calquera das súas obras [sorrí].

 

ENVIAR NOTICIA  

JAVIER DEL VALLE-INCLÁN ALSINA «Non se liga máis polo apelido»

Coautor dun libro sobre os últimos días do seu avó, cre que don Ramón o pasaría moi ben retratando á Galicia actual e a algúns dos seus protagonistas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Non se liga máis polo apelido»
 
Autor de la imagen: XOÁN A. SOLER
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd