Carlos Callón utiliza o adxectivo «estarrecedor» para valorar os resultados da sondaxe oficial. «É preciso garantir a igualdade de oportunidades para a nosa lingua para mudar a situación. Os datos son preocupantes, non se pode negar, mais non irreversíbeis. E son ben coñecidas experiencias noutras comunidades onde, con políticas lingüísticas a favor, conseguiron avances que son necesarios no noso país tamén nesta altura», afirma.
«A batalla non está perdida. Podemos revitalizar o galego se se toman medidas que o favorezan. Só poderemos deter esta sangría se se toman as medidas para deter as discriminacións ou vulneracións de dereitos lingüísticos das persoas que queren vivir en galego, e garantir que haxa posibilidade de vivir en galego. Esa debe ser unha prioridade», insiste Callón.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios