pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

RUBÉN CELA «Nunca fun de campamento de verán»

Chegou ao cargo con 26 anos; na casa ocultaba a súa militancia política, e aprendeu moito da vida na froitería dos seus pais

A cara b | Rubén Cela DIRECTOR XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE

Fecha de publicación:

É o director xeral máis novo xa non só da Xunta, senón de todos os Gobernos autonómicos do Estado. Rubén Cela Díaz (Lugo, 1979) tomou posesión con 26 anos e na súa man están boa parte das políticas dedicadas a xente coma el: xente nova.

-¿A ningún goberno se lle dera por pensar que, para falar de mozos, ninguén mellor ca un mozo?

-No caso do BNG, é algo que, con acerto, sempre se tivo claro. Sempre houbo unha potenciación moi grande da propia xente nova. É iso que se predica para fóra, pero nós nos aplicamos o conto. Pero a clave non é a idade, senón o coñecemento do que é a dinámica xuvenil.

-Mire que Manuel Fraga subiu a un coche oficial moi novo e non baixou ata hai nada. ¿Pasaralle igual?

-Supoño que non, tampouco é o que... o que me apetece. Quero dicir, que para min é un tremendo orgullo estar nesta responsabilidade, non querería defraudar expectativas da xente que confiou en min, comezando polo propio Quintana. Isto deume unha oportunidade moi gratificante, porque durante moitos anos estiveches dando batalla e agora podes demostrar que o que se pedía hai anos non era el oro y el moro; era cuestión de vontade política.

-Por exemplo...

-Cando abrimos o primeiro centro Quérote ou os primeiros locais de ensaio para os grupos. Hai uns anos estaba na rúa reivindicando cousas coma esta e pasaban de min olimpicamente.

-Logo, instalarse para sempre nos postos da Administración non...

-Penso que é bo, paulatinamente, cambiar de aires, se un pode. Isto leva tamén moito desgaste.

-¿Que é o que máis lle custou aprender no cargo?

-Adaptarme ás cifras económicas, falar de millóns de euros, e tamén algo novo como a relación cos traballadores dos que ti es o responsable último. Ah, e comprender a estrutura do funcionariado.

-O que si se lle resiste é iso de ter coche oficial. Sei de boa fonte que, aí atrás, na Senra de Santiago, confundiuse e sentou nun coche que non era o seu, para susto do condutor...

-[Bota unha risotada]

-¡Desmíntao!

-É certo. Foi un... un pequeno problema. Ten pasado algunha vez.

-Suárez Canal dicía que no coche traballa moito...

-Eu tamén. O outro día tiven que ir a Palencia e cheguei coa orella rebentada, non parei de falar desde que saín de Santiago. O coche non é tan mal sitio para traballar.

-Tamén estou informado de que acaba de rematar a carreira de Económicas...

-Pois si. Levoume moito tempo porque sempre andei en moitas cousas.

-Non é mal estudante...

-Non, ata que vin para Santiago teño, relativamente, bastante bo expediente. Nunca me custou demasiado estudar.

-¿Deulle clase aquel profesor de Económicas, si, home, un tal... Touriño?

-Non, pero tiven outros moi bos, algúns están agora no Goberno.

-¿Que lle din os seus pais?

-A miña nai, sobre todo, nunca o levou demasiado ben. Non veño dunha familia nin de tradición nacionalista nin de tradición política. Meus pais son froiteiros e eu na froitería aprendín moito.

-Militar no BNG con 16 anos... a muller preocuparíase por se se metía en problemas ou algo...

-O primeiro que me dixo miña nai foi: «¡Que non se che ocorra firmar nada!» [risotada]. Cando comecei a militar no Bloque tiven que pedir ao partido que me mandaran as cartas sen membrete. E incluso mentir: cando tiñamos asembleas ata as tantas da mañá, dicíalles aos meus pais que estivera tomando cañas cos colegas. ¡O colmo! Meus pais sempre quixeron o mellor para min. Os tres irmás pasamos pola froitería, e non é mala escola; aprendín moito dos meus pais e nunca llelo dixen.

-A escola da vida...

-De neno sempre lles botaba unha man, e como eras neno estabas amolado. Agora que levo os campamentos de verán na Xunta doume de conta de que nunca fun de campamento de verán. Teño moitos recordos de prexuízos que, como persoa, serviron para formarme. Igual ía co carretillo co saco de patacas pola rúa e daba a volta para que non me vira a moza que me gustaba. E xa non che digo cando ía a repartir e me abría a porta un colega do colexio. Pero aprendín que é moi honrado e moi digno vivir do teu traballo e que ser froiteiro ou ser labrego é tan digno como calquera outra cousa.

 

ENVIAR NOTICIA  

RUBÉN CELA «Nunca fun de campamento de verán»

Chegou ao cargo con 26 anos; na casa ocultaba a súa militancia política, e aprendeu moito da vida na froitería dos seus pais

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Nunca fun de campamento de verán»
 
Autor de la imagen: ALBERTO LÃ?PEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd