Iago García
Iago García
Iago García

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

Últimos artículos publicados

16 feb 2024

José Manuel Núñez en «De 0 a 100»: «Hai moitos chourizos no Reino Unido»

55 anos de historia en constante evolución que foron resumidos polo conselleiro delegado de Torre de Núñez no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo grazas ao programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. A empresa naceu con Manuel Núñez e Asunción Torre indo casa por casa polas matanzas. Recollían os mellores produtos e vendíannos nas feiras. En moitas. En Galicia e nas comunidades limítrofes. Co paso do tempo completaron o negocio cun hotel na cidade luguesa. No século XXI convertéronse en fabricantes e foron medrando ata chegar ás actuais cifras de negocio. Son líderes en vendas de produtos cárnicos do porco no noroeste peninsular e pecharon o 2023 con 40 miilóns de euros de facturación. Ademais da sede en Conturiz, na cidade amurallada, as súas instalacións de O Corgo teñen capacidade para secar a abraiante cifra de máis de medio millón de xamóns cada ano. Actualmente case 2 de cada 10 produtos que venden, fanno no estranxeiro. E o obxectivo é seguir aumentando as cifras de negocio, a pesares de que o aumento de custo das materias primas nos últimos tempos non llo pon fácil. «Para nós o aumento dus custos está no 22% e tan só subimos as nosas tarifas un 8%», indica José Manuel Núñez, director xeral da empresa.

Iago García / Senén Rouco / Álex López-Benito

25 ene 2024

Bonilla a la Vista en «De 0 a 100»: «Ajustamos al máximo nuestro margen para sobrellevar la brutal subida del aceite de oliva»

O director de márketing da empresa, Diego Armando García, compartiu cos alumnos do IES de Sabón no programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación a fórmula do éxito dun negocio que comezou en Ferrol hai case un século e que hoxe dende Arteixo coloca patacas fritas fieis á receta orixinal en 25 países diferentes

Iago García / Senén Rouco / Á. López-Benito

18 ene 2024

Chema Lorenzo: «En Hauss preferimos falar de casa industrializada, non prefabricada»

José María Lorenzo, exalumno do IES Salvador de Madariaga da Coruña, explicoulle a alumnos de bacharelato do centro os segredos da construción de vivendas grazas ao programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. Foi fundador en 2016 de Hauss Arquitectura Modular, que con sede en Arzúa fai unha decidida aposta polas casas de alta calidade, con procesos implementados en serie nunha fábrica e cumplindo esixentes controis de calidade. «Nós preferimos falar de vivenda industrializada, non prefabricada, porque esa definición ten connotacións negativas que no noso caso non existen», sinala aludindo aos procesos de construción. Precisamente eses procesos, testados e estudados a nivel industrial, eliminan boa parte dos problemas que poden darse precisamente en Galicia por humidade, filtracións ou frío: «a capacidade illante das nosas viviendas e o seu nivel de impermeabilidade é sobresaínte». Esta excelencia provoca que estas casas non sexan máis baratas que as «tradicionais». Tampouco evitan que haxa que cumplir con toda a tramitación e permisos. Pero sí que está asegurado que o cliente non terá imprevistos en ningún momento do proceso, sendo esta a principal vantaxe: «Ti, como se dun coche se tratase, escolles como queres o teu modelo, sendo sempre o noso de gama alta e terás un prezo definitivo cun prazo de instalación na parcela asegurado»

Iago García / Senén Rouco / Álex López-Benito

24 ene 2024

Gonzalo López, de Calzados Losal: «Hai futbolistas de Primeira que son fans do noso dobre cosido»

O xerente da empresa monfortina, tataraneto do fundador, falou en «De 0 a 100», o programa que La Voz realiza en colaboración coa consellería de Educación, dunha traxectoria de 125 anos coma referente na fabricación de zapatos. Entre a clientela de Calzados Losal figuran «xogadores do Atlético de Madrid, o presidente do Real Madrid e algúns outros cargos importantes como Sarkozy»

Iago García / Senén Rouco / Á. López-Benito

06 dic 2023

Xesús Mazaira en 'De 0 a 100': «En 2017 Airas Moniz estivo a piques de pechar pero a confianza nos nosos queixos fainos hoxe máis fortes»

O administrador e responsable de vendas da queixería Airas Moniz de Chantada compartiu cos alumnos do IES Lama das Quendas da vila lucense as claves de éxito da súa empresa no programa que La Voz realiza en colaboración coa Consellería de Educación e que achega exemplos de emprendemento a centros de secundaria de toda Galicia. Xunto co seu amigo Ricardo, fillo de gandeiros, e as mulleres de ámbolos dous, quixeron en 2011 emprender un proxecto de valorización do rural: «Non entendemos Galicia sen vacas e queriamos posicionar os nosos queixos con orgullo para competir cos mellores do mundo». Centráronse en ofrecer un produto distintivo e para iso sabían que tiñan que formarse. O prestixioso mestre queixeiro José Luis Martín deulles algúns consellos e eles apostaron por ofrecer queixos de pastoreo con leite cru, pasando da gandería intensiva á extensiva e substituíndo as tradicionais frisoas por vacas de raza jersey. En 2017 materialízase o proxecto, que case morre de éxito aos poucos meses, despois de acadar a medalla de bronce no Salón Gourmet de Madrid: «perdemos o control da maduración dos queixos e tivemos que tirar todos os que tiñamos nas cámaras». Esa experiencia fixo a esta empresa con nome de trobador medieval máis forte: «ofrecemos un produto gourmet capaz de competir internacionalmente e que conquistou o padal de cociñeiros con estrela Michelin». Cada ano 25.000 kilos do seu queixo azul 'Savel' e 6.000 do de pasta branda 'Terra' son comercializados e xa están preto dos 30 premios acadados polo seu sabor.

Iago García / Álex López-Benito / Senén Rouco

29 nov 2023

Carmen Lence: «Leite Río empezó con una "casualidad de la leche" y ahora queremos ser la tercera láctea de España»

A presidenta e directora executiva do Grupo Leite Río visitou o seu antigo instituto no barrio lucense da Piringalla, hoxe IES Anxel Fole, para compartir co alumnado as claves do éxito empresarial da láctea lucense. Durante a nova edición de «De 0 a 100», o programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación, detallou que o seu pai, Xesús Lence, empezou no negocio despois de que un camioneiro pagase unha débeda que tiña con el con camións de transporte de leite. Recoñece ser «fiel al legado y a la figura del fundador, muy de mando y ordeno» pero ao mesmo tempo, dende a súa chegada á presidencia en 2019, cando el morreu, fixo unha aposta pola dixitalización e a reorganización da estrutura empresarial apostando «por la innovación para ser más eficientes en un mercado tan competitivo como el de la leche». En clave de futuro confirma que Lácteos Lence vai tentar medrar dende a actual produción de 300.000 toneladas anuais e unha facturación de 208,4 millóns de euros para chegar a ser a terceira empresa leiteira do país

I. García / Á. López-Benito / S. Rouco

22 nov 2023
Tino Cacheda, director xeral de Florentino (derecha) entrevistado por Iago García

Tino Cacheda en «De 0 a 100»: «En Florentino as nosas prendas xa son ecolóxicas porque están feitas para durar»

É o fillo do deseñador lalinense Florentino. E neto do xastre, Belisario. Pero Tino Cacheda, hoxe director xeral da firma de moda lalinense, mira ao futuro sen esquecer a orixe da empresa. Nesta nova edición de «De 0 a 100», o programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación volve ó seu instituto, o IES Laxeiro de Lalín e recoñece que o emprendemento supón cada día «adaptación a un mercado que evoluciona de forma constante». Conta que a empresa fixo unha aposta nos últimos anos por rediseñar a súa estratexia de vendas, sumando ata 55 tendas propias no mercado nacional e internacional e abríndose á dixitalización e o mercado en liña

I. García / Á. López-Benito / S. Rouco

02 nov 2023

Floradeira en «De 0 a 100»: «Escollín quedar en Paderne para reivindicar o traballo da muller rural»

Verónica Souto é Floradeira e Floradeira é Verónica Souto. Dúas caras, a persoal e a empresarial, da mesma persoa. Souto compartiu grazas ao programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación a súa iniciativa empresarial no concello coruñés de Paderne cos alumnos do centro no que ela mesma estudou: o IES Francisco Aguiar de Betanzos. Esta emprendedora herdou da súa familia a paixón polo cultivo de flores e, fai aproximadamente nove anos, nos terreos onde antes había produción case exclusiva de caraveis, abriu o abano a novas especies. «A arte floral está nun momento álxido, hai que estar pendente das tendencias de moda e mesmo de interiorismo, pero procurando sempre fomentar flores tradicionais e de tempada que che dean as cores e os formatos que queren os clientes». Así fala esta florista da súa aposta vital, lonxana dos seus estudos universitarios de psicoloxía, pero moi preto da súa familia e da forma de vida que ela quería: «Tiña claro que non quería as mañás de tráfico da cidade e buscaba unha maneira de poñer en valor o sector primario no que traballaron os meus antepasados». Hoxe Floradeira conta con tenda en liña, abriu a súa «palleira» para facer obradoiros onde se vive unha experiencia completa (dende cortar as flores no invernadoiro a armar os ramos) e mira ao futuro con optimismo: «agora mesmo estamos facendo 20 envíos ao día por toda España e a idea é seguir medrando».

Iago García / Alex López-Benito / Senén Rouco

24 oct 2023

Jim Graña en «De 0 a 100»: «Coas novas instalacións loxísticas pretendemos facturar 100 millóns en 2030 dende Palas de Rei»

O fundador e CEO de Jim Sports acudiu ao programa de La Voz de Galicia en colaboración coa Consellería de Educación para compartir co alumnado do centro de Melide onde estudan os seus propios fillos a idea de emprender dende o rural, nun eido que che guste e cos ollos sempre abertos ás tendencias do mercado. Todo comezou cando aínda era docente de Educación Física, cando importou de China uns balóns de baloncesto. Do garaxe da casa dos seus pais, pasou a ocupar diferentes baixos en Melide e hoxe a súa empresa, con sede no concello veciño de Palas de Rei, opera a nivel internacional. Este provedor de material deportivo conta con 17.000 referencias diferentes no seu catálogo e realiza 15.000 envíos cada mes por todo o planeta con 500.000 unidades en total. «A nosa idea é, en 2030, ampliar as nosas instalacións ata os 130.000 m3 de almacenaxe cun novo almacén aduaneiro. Ter esta calificación permitiranos non ter que pagar impostos ata que teñamos vendidos os produtos». Jim sinala ademais que a clave vai ser poñer tamén ese espazo ao dispor de outras empresas: «Con el queremos duplicar o noso volume de facturación actual ata os 100 millóns de euros».

Iago García / Senén Rouco / Álex López-Benito

18 oct 2023

Emilio Froján: «Ata que entreguei a primeira moto Velca a un cliente non visualicei que o negocio ía ir adiante»

O cofundador e CEO de Velca, empresa líder nacional en produción e vendas de ciclomotores eléctricos, compartiu cos alumnos do bacharelato tecnolóxico do IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, as claves do seu éxito empresarial nesta nova edición de «De 0 a 100», un programa de La Voz coa Consellería de Educación. Emilio Froján instou aos estudantes do centro no que el mismo estudou a non terlle medo ao futuro, sinalando que unha titulación non é a única forma de acadar un soño. No seu caso ía para político. «Decateime de que dende o eido empresarial un tamén pode cambiar as cousas, facendo a vida dos demais mellor, comercializando produtos que son necesarios, e no noso caso, liderando o mercado da movilidade eléctrica sen contaminar o planeta». Hoxe a súa empresa, que botou a andar en febreiro de 2020, pouco antes da pandemia, pisa forte as rúas con 13 modelos diferentes de motos, ciclomotores e bicicletas eléctricas. Valorada en 15 millóns de euros e xa con presenza internacional, Velca soña con que a galeguidade do seu ideador sexa tamén industrial, aínda que recentemente a entrada de capital andaluz na empresa provocara o establecemento noutra comunidade da súa sede social. Froján, a pesares do que poida parecer, non é ningún «vendemotos» e, ao contario, fixo un chamamento para que aqueles que teñan unha idea procuren defendela rodeándose de confianza nun mesmo e de talento: «Eu non miro o currículum da xente coa que traballo se sei que son capaces de resolver os problemas que van xurdindo cada día no negocio». Froján ten sen dúbida un perfil poliédrico a pesares da súa xuventude que se completa sendo membro do Insituto Galego do Talento e autor do libro con 33 breves reflexións Gratitude

I. García / Á. López-Benito / S. Rouco

28 sep 2023

Cristina Cerqueiras en 'De 0 a 100': «A miña primeira colaboración cunha marca foi de 20 euros»

O programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación leva este curso exemplos de emprendemento e éxito empresarial a centros de secundaria. Cerqueiras, empresaria e influencer de moda e tendencias que conta con preto de 500.000 seguidores en Instagram, explicou aos alumnos no lugar onde ela mesma estudou un ciclo de administración, o IES Espiñeira de en Boiro, as claves do seu crecemento profesional. Conta cun salón de beleza, 'Niu Cosmetica' e dúas tendas coa súa propia marca 'The Desire Shop' que comercializan tamén prendas de xeito online a toda Europa: «á Cristina de 17 anos diríalle que non deixe de tentar chegar a onde quería, formándose cada día»

Iago García / Álex López-Benito / Senén Rouco