pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

ferrol, ferrol, ferrol onde eu nacín Máis sobre a noite das Pepitas

Autor:
por siro
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Ao pouco de entrar eu en deliñacion, na chamada Oficina Técnica de Maquinaria, chegou de talleres o señor Manolo, un home maior, que tivera un accidente laboral e mandárono esperar a xubilación en Fotocalco, recortando na guillotina o papel sobrante arredor dos planos. O señor Manolo era simpatiquísimo e entre guillotinazo e guillotinazo evocaba a súa xuventude en Cuba, berrando «¡Para el Camagüey, que se va Conchita!» e meneando os cadrís, ao ritmo do danzón cubano.

Véndoo souben que o danzón é movido como a rumba; por eso me estrañou cando souben a través de Xaime López, o que fora tantos anos presidente de Toxos, que o crítico ferrolán Pizzicato explicara a danza, o vals e o pasarrúas, típicas composicións da noite das Pepitas, como un traballo dos compositores ferroláns a partir daquela música cubana, que chegara á cidade a partir do ano 1860, cos mariñeiros dos cargueiros que traían azucre da illa.

A festa das Pepitas esixe a benévola complicidade dos ferroláns para crer que a maxia desa noite fai que todas as mulleres de Ferrol, sexa cal sexa o nome co que foron bautizadas, se convirten en Pepitas, e fermosísimas ademais.

Por eso, cando as rondallas se detiñan ante o balcón ou a ventá dunha rapaza, para rondala, previo encargo da familia, a ningún neno nos sorprendía que os trovadores desgranasen sus trinos para decir dela que era bella y gentil, e que a amaban con frenesí. Aquel enxeño para o cursi levábase tamén aos paniños de seda, e aos sobres de papel, desplegabeis, que ao abrilos mostraban as dúas cancións dunha rondalla.

O médico Agustín Sixto Seco, mugardés de nacemento pero vencellado a Ferrol polo seu matrimonio con Fina, filla do xastre Dasilva, da rúa do Cárcere, fixo unha aportación importante á canción ferrolana cando deu á rondalla do Clube de Campo un texto en galego do poeta Luis González Tosar, musicado por Xosé Luis Blanco Campaña, outrora popularísimo presentador de programas na TVG, da que tamén foi director.

Desde entón esta agrupación dirixida por Xosé Manuel Couce Fraguela, non deixou de presentar cada ano unha canción en galego, con letras de Salvador García-Bodaño, Ana Caxiao ou Pedro Blanco.

Os enxeñeiros non soen ser xente sensible ás artes e quizais por eso, a mediados dos cincoenta, o alcalde Dopico, enxeñeiro xefe de Obras Civiles, quixo prohibir a celebración da noite das Pepitas, para facer de Ferrol la ciudad del silencio.

En canto se soubo, un grupo de mozos do meu barrio, no que estaban Epi, Fecho, Lesio, Coché, Piño e Alfonso Mirás, Selo o Valexo, Tacho, o de Canido, e outros coñecidos xogadores do Esteiro, lanzáronse pola rúa de Carlos III coas gabardinas voltas e postas como capas, dando palmas e simulando tocar instrumentos musicais cos que interpretaban coñecidos pasarrúas e daban vivas ás Pepitas.

Na praza das Angustias xa os acompañaban varias ducias de persoas, e á casa do alcalde, na rúa Magdalena, chegou unha auténtica manifestación, que a garda municipal escorrentou a toletazos.

O alcalde non quixo perder o principio de autoridade e aquel ano non houbo rondallas, pero o seguinte volveron saír.

sirolopezlorenzo@yahoo.es

 

ENVIAR NOTICIA  

ferrol, ferrol, ferrol onde eu nacín Máis sobre a noite das Pepitas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.