pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.ferrol
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

EL EXPERTO Catedrático de Zooloxía Mariña e director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña da Universidade de Santiago de Compostela A ría: vivir para escoitar

Autor:
Victoriano Urgorri
Localidad:
Ferrol
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 10:59 h

Xa sei, benqueridos lectores, que o dito é «vivir para ver» pero eu, coma profesor que son, estou afeito a escoitar con atención para reter todo o escoitado, porque esa, entre outras, é unha forma de aprender e recordar. Pero a pesares de estar acostumado toda a miña vida a falar, escoitar e aprender, nunca deixarán de abraiarme os cambios de opinión aleatorios dalgunha xente, cando boto a memoria atrás.

Preguntaranse por que digo isto. Pois, porque os que me coñecen saben que dende hai moitos anos levo avisando do grave deterioro que sofre esta excepcional ría, do progresivo estrago que a leva degradando dende hai máis de vinte anos. Por dicir iso chamáronme de todo: insensato, tolo, alarmista, cavernícola e incluso, recentemente, catastrofista. E agora, os mesmos que nunca quixeron escoitar os meus avisos, séntanse no carro da defensa da ría, dicindo todo o contrario do que antes expresaban, sen o máis mínimo rubor.

No 1993, o noso querido alcalde, un dos aurigas do porto carboeiro e impulsor daquel «lago mareal da Malata» dicíame, no Ateneo Ferrolán, que eu estaba en contra do progreso de Ferrol e da creación de novos postos de traballo. Cualificóuseme de tolo porque dicía que sería o notario que certificaría a morte da enseada da Malata. ¡Señor alcalde, velaí está A Malata! Sen marisco, con augas pútridas non aptas para o baño, animais contaminados co carbón dentro das cunchas... ¿Onde están os postos de traballo? Todos perdidos para a xente do mar. ¿Cantas veces se aplicaron medidas correctoras que evitarían a contaminación do porto carboeiro? Vóullelo dicir: ¡nunca!

Agora tamén, o señor alcalde de Narón, a quen non teño o gusto de coñecer, sóbese ao mesmo carro, esixindo que se empece a estudar «a rexeneración da ría» ¿Onde estaba vostede todos estes anos? Cómo non se decatou ata agora dos nefastos efectos da barreira da vía do ferrocarril. Cómo non se lle ocorreu pedir que a ponte da autoestrada fixérase a dúas alturas e quitar así ese atranco que ten convertido o fondal da ría nun encoro. Cómo non se decatou antes de que esa zona era «terra queimada» como di vostede.

¿Onde estaban os alcaldes de Fene, Narón, Neda, Ferrol e outras forzas vivas cando o Discoverer Enterprise tirou coa Ponte das Pías? Cómo non se lles ocorreu que durante a obra se abriran pasos para a auga que osixenaran A Gándara e San Valentín, que tamén son «terra queimada»

¿Pode dicirme alguén para que raios é o espigón da enseada de Caranza?, que tamén é «terra queimada». Alguén pode sacarme da miña ignorancia dicíndome quen, para que e por que se fixo esa construción.

Que alguén me explique por que neste país se ten que chegar sempre a situacións extremas para que os poderes públicos esperten. Cómo non se decataron antes que tiñan que defender o patrimonio natural desta ría que era digna de seren Patrimonio da Humanidade. ¡Agora si danse de conta, cando a ría é unha gran cloaca putrefacta!

Desgraciadamente, unha vez máis, teño que seguir dicindo o que tantas veces dixen: isto é o que hai e así nos vai.

 

ENVIAR NOTICIA  

EL EXPERTO A ría: vivir para escoitar

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A ría: vivir para escoitar
 
Autor de la imagen: MARCOS CREO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.ferrol
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.ferrol
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.ferrol
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.