Os cazadores denuncian continuas batidas furtivas de corzos na zona

FERROL

Ferrolterra Din que avisan constantemente ao Seprona, que xa vixiou en Valdoviño ELOI SAAVEDRA | PRESIDENTE DE CAZA E PESCA XUVIA Trátase de persoas que actúan de noite e incluso chegan a disparar «preto das estradas»

14 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?s cazadores da comarca din que é unha situación que se repite «día si e día tamén na zona»: varios homes cun coche saen de noite ao monte, pegan uns tiros e levan para a casa varios exemplares de corzo, unha carne que se cotiza a bo prezo. Para os afeccionados, esta situación está chegando a un punto preocupante, xa que hai casos no que as cacerías furtivas se fan «preto de estradas, sen importar que poida pasar un coche nese momento». Segundo explican dende as sociedades de caza que xestionan os tecores (terreos cinexeticamente ordenados), este ano os maiores problemas estanse rexistrando en Valdoviño, onde a Garda Civil xa se viu na obriga de montar varios dispositivos nocturnos. Félix Robles, o presidente do tecor de Valdoviño, asegura que «os cazadores xa non poden facer máis, están fartos de avisar ao Seprona e á Garda Civil porque é algo que preocupa moito». A situación, aínda que non tan frecuentemente, tamén se repite, por exemplo, nos montes do rural de Ferrol. De feito, dende a sociedade de caza Urogallo contan tamén que xa avisaron «á policía local para que axude a frear esta práctica xa». Tamén lazos e veleno A mesma intención de querer «acabar con isto dunha vez» tena Manuel Saa Casariego, presidente da Federación Provincial de Caza e tamén cazador de Ortigueira. No caso deste último municipio, Saa indica que tamén se detectou «que hai xente que pon lazos (unha especie de trampa) ou veleno para matar aos cérvidos». Ademáis de pedir maior vixianza por parte de Garda Civil, os cazadores fan un chamamento á hostelería para que «de ningunha forma acepten comprar unha carne que é cazada de forma furtiva».