Un mestre en verdade exemplar

FERROL

12 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O luns, a primeira hora da noite, falecía, despois dunha longa enfermidade e rodeado dos seus, Manuel Parada Pedrares. Aos 81 anos, tras toda unha vida dedicada á educación e aos nenos, deixa para sempre o exemplo dunha existencia na que caladamente, sen pedir xamais nada para si, viviu para que os miles e miles de alumnos que pasaron polas aulas nas que impartiu docencia tivesen un futuro; para que a vida non os suspendese. Foi un gran home, de firmes conviccións. Cando se xubilou era profesor en Perlío. Os seus últimos anos viviunos na súa casa de Sillobre. Nela queda unha imaxe da Virxe que labrou el mesmo. Esta tarde, ás 17 horas, o mestre recibe sepultura no cemiterio municipal de Fene.