«Ninguén quere xa este traballo»

F. Fernández FERROL

FERROL

MARÍA VILLAR

Entrevista | Mercedes López Soilán A confraría de Espasante ten patrona maior, de 44 anos e Mercedes de nome. Dí dela misma que, sobre todo, é mariscadora e ama de casa

27 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?ercedes López Soilán, de 44 anos, era ata fai ben pouco unha mariscadora máis de Espasante. Cando non traballaba na praia na procura de ameixas e berberechos, coidaba da súa casa, dos seus dous fillos e do seu home, un mariñero embarcado nun pesqueiro de Burela. Agora sigue facendo todo isto, pero dende o 2 de febreiro botou sobre os seus hombros un novo peso. Ese día tomou posesión como patrona maior da súa confraría, unha pequena empresa con 49 socios -trece armadores, seis mariñeiros e trinta mariscadoras a pe- que se afundía. -¿Como se decideu a meterse nese lío? Porque é un lío coller as rendas da confraría neste momento. -Dubidei moito sobre si debía ou non presentarme candidata, porque non me vía capacitada. Pero ao final optei por facelo porque todo isto se acababa. -Este é un mundo de homes. ¿Tivo algún problema nese senso? -Aquí, a maioría somos mulleres. De tódolos xeitos o que quixera poñerse no meu sitio puido facelo. -A confraría está aínda nunha crise profunda. ¿Como pensa superala? -Traballando. -Non hai outra, claro. -Non, non hai outra fórmula. Tamén estamos pendentes de cobrar unhas axudas e de pagar un crédito que pedimos para reflotar a confraría. Teño que darlle as gracias ao alcalde de Ortigueira porque nos puxo una secretaria. E ao delegado de Pesca tamén, que está axudando moito. -En Espasante hai unha lonxa do paquete que nin estrearon. -Non temos cartos para pagarlle a Portos polo uso da lonxa. Agora subastamos fora, en Ortigueira, e o percebe en Cedeira. -Recuperar as ventas sería un logro. -Sí, un dos planes que temos é abrila. Houbo un tempo en que a confraría de Espasante era moi boa, pero empezou a caer... Dende o 2002 as capturas van en picado e ninguén quere xa este traballo. Falta xente nova que reemplace aos que se xubilan. Eu son das máis novas aquí. ¡Imaxínate! -¿Como están de recursos marisqueiros? -Temos unha costa bárbara, dende punta Villardeira ata o río Mera. -A vostede ¿gustaríalle que os seus fillos traballaran no mar? -Non me disgustaría. -¿Que lle parece ao seu home que agora vostede mande tanto? -Non lle fai moita gracia.