La reforma laboral no convence a nadie en Galicia

Luís Villamor REDACCIÓN/LA VOZ.

ECONOMÍA

Ni los sindicatos, ni la patronal gallega, ni los trabajadores autónomos creen ?en las medidas laborales del Gobierno

27 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

La reforma laboral se queda sin novios en Galicia. En un Café de Redacción celebrado en La Voz de Galicia, ni la patronal, ni los sindicatos, ni los autónomos ni el decano de los economistas ven en las medidas del Gobierno un punto de inflexión para rebajar las cifras del paro, 4.600.000 personas en toda España; 230.000 en Galicia.

Empleo

Los sindicatos creen que apenas creará puestos de trabajo

Los agentes sociales coinciden en que la reforma no servirá para crear empleo sino para precarizar el que hay. Los empresarios echan de menos la adopción de medidas más ambiciosas, mayor flexibilidad y menor ambigüedad.

José Antonio Neira (Relacións Laborais de la CEG). Unha reforma é necesaria. Hai tres medidas para atemperar os efectos da crise: gasto público, austeridade e reforma laboral, pero esta é tardía, ambigua e insuficiente. Deixa ampla marxe aos órganos xurisdicionais e fóra de xogo aos empresarios. Non é unha reforma de calado, e dá unha volta de rosca ao contrato de obra e servizo, cando hai 230.000 parados en Galicia.

Xosé Manuel Sánchez Aguión (secretario xeral de CC.OO. de Galicia). Non serve para crear emprego e vai precarizar o que xa existe. É regresiva e recorta dereitos que nos custou conquistar. Cremos que é inxusta e ineficaz e non é o camiño para xerar emprego estable, con dereitos. Ademais abre as portas ás ETT e converte o traballo nunha mercadoría, cando a busca de emprego xa é complexa e difícil.

José Antonio Gómez (secretario xeral de UGT). É moi inxusta e inútil e castiga aos que máis están padecendo a crise. E se falamos de flexiseguridade podemos dicir que ten todos os condicionantes da flexibilidade e para nada os da seguridade. É a reforma máis lesiva que se fixo na etapa democrática no noso país. O emprego créase con reactivación económica e con esta reforma o que van xerar é máis ralentización na saída da crise.

Xesús Seixo (secretario xeral de la CIG). Nin esta nin outra poden contribuír a xerar emprego. Vai empeorar a calidade do que hai: é un debate totalmente enganoso. Coas crises sempre se suscita o dos recortes do gasto público e a reforma laboral e non teñen nada que ver. O problema da crise ven motivado por outras razóns. Se a política que se vai seguir é recortar salarios e gasto público, cando o que hai é que reactivar o consumo e mellorar os salarios, pois estase facendo todo o contrario.

Lisardo Domínguez (secretario xeral de UPTA-Galicia [Autónomos]). Nós representamos a un colectivo de autónomos con tres millóns en España e 123.000 en Galicia. E con nós non se conta para nada. Ás veces considérannos empresarios, outras traballadores. E o problema que temos é o financiamento. Encontrámonos en moitos casos con que non temos un duro.

Roberto Pereira (presidente del Consello de Colexios de Economistas). Creo que es nuestro deber decir que la reforma no es garantía de empleo, que esta se crea con crecimiento económico. Con un determinado porcentaje del PIB estaremos en condiciones de generar empleo y necesariamente hay que reformar y modificar el mercado laboral, pero ninguna organización, ni empresa, ni los sindicatos están de acuerdo con la oferta del Gobierno. Va a introducir reformas que no sé adónde van a llegar, pero como generadora de empleo es un error. Hacen falta otras políticas.

Despidos «baratos»

Entre la inseguridad jurídica y la precarización

La reforma no convence a la patronal, que cree que se van a llenar los juzgados de reclamaciones en caso de que los empresarios se decidan a aplicar el despido objetivo, por causas económicas. Creen que genera inseguridad jurídica. Los sindicatos proclaman que el despido cada vez saldrá más barato.

J.A.N. (CEG). O feito de ter uns custos que non se harmonizan coa contorna europea pode desestimular. Increméntanse os custos de indemnización dos contratos de obra ou servizo, o período temporal pasará de oito a doce días e isto vai afectar ás empresas.

J.A.G. (UGT). Eticamente é reprobable que pague o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) oito días dun despido improcedente. A reforma vai pola vía da devaluación salarial e das condicións de traballo. ¿É que pretenden que compitamos cos custes chineses ou de América Latina?. Isto non é unha reforma light: o empresario poderá despedir sen necesidade de presentar un proxecto de viabilidade. Díaz Ferrán debe estar moi contento, desfíxose dun embolao e alguén sen dúbida gañou, pero non foron os traballadores.

X.M.S.A. (CC.OO.). Ao despido se lle concede un carácter preventivo, inaudito nas relacións laborais, porque se permite despedir se o empresario prevé que a situación pode ir mal. Esta reforma é a máis lesiva que se fixo na etapa democrática. A contía das indemnizacións por despido baixa, o contrato de obra ou servizo ten unha indemnización de doce días, que se vai equiparar co de vinte, co que quedaría, coa subvención, en doce días. ¡Xa me dirán onde está a estabilización no emprego! Iguálase pola baixa e abarátase o despido. Ademais só faltaría que o fondo de garantía salarial se dotase cos impostos de todos os cidadáns e que estes serviran para pagar unha parte das indemnizacións e minorar os custes das empresas. Que calquera empresa se poida descolgar do convenio precarizaría aínda máis a situación dos traballadores.

Fiscalidad

Críticas al aumento del fraude y los paraísos fiscales

Los agentes sociales hablan de la oferta sin IVA del fontanero o del jefe de taller de coches como ejemplos de fraude, y denuncian sobre todo los paraísos fiscales, que se le resisten a Hacienda.

X.S. (CIG). Se se fala só de reforma laboral desvirtúase o debate, porque a cuestión sería a política fiscal. Aquí eliminouse o imposto de patrimonio, reduciuse o das grandes fortunas, aumentaron o fraude fiscal e os paraísos fiscais, e iso son miles de millóns que non se pagaron ao fisco. Para recortar o déficit hai que facer unha reforma fiscal profunda e o Estado ten que ser fundamental para reactivar a economía. É a clase dos ricos a que está facendo a guerra e a está gañando.

L.D. (Autónomos). Hai fraude por que o consentimos todos. Se o Goberno tomara medidas non se entraría nesta dinámica [en referencia a no facturar el IVA]. Pero o que realmente defrauda son o diñeiro negro da construción e os paraísos fiscais. Na economía española temos un cancro, que o Goberno está a tratar con aspirinas, que alivian, pero producen dor estomacal.

Huelga general

Defensa sindical y dudas de la patronal

Los sindicatos defienden la convocatoria de la huelga general ?el 29 de septiembre?, que la patronal cree que no servirá para mejorar las cosas en el contexto actual de crisis económica.

J.A.G. (UGT). O Goberno sucumbiu aos mercados, aos distintos poderes e ao señor Mafo (Miguel Ángel Fernández Ordóñez). Non nos queda máis remedio que ir á folga xeral, para que se rectifique para ben. Ata o día 29 de setembro somos conscientes de que a reforma das pensións vai estar enriba da mesa e dubidamos que non se queiran tocar as prestacións por desemprego. A credibilidade do Goberno é bastante nula.