pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.dinero
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | FERNANDO x. BLANCO álvarez conselleiro de innovación e industria «Que fagan as eleccións cando queiran; eu teño traballo, que estamos en crise»

O máximo responsable de Industria afronta o tramo final da lexislatura coa subasta eólica e a recesión económica como os principais problemas por resolver

Autor:
Sofía Vázquez Tomás G. Morán
Fecha de publicación:

O tramo final da lexislatura vai ser especialmente movido para Fernando Blanco (Lugo, 1959). Ademais da que temos enriba coa crise, o conselleiro terá a última palabra no concurso eólico, no que será o maior reparto de megavatios de Europa.

-¿Cando teremos fumata branca?

-Remitimos cartas a todas as empresas con erros na documentación, que maioritariamente son subsanables. Unha vez rematado iso, xa se entra na valoración. Espero que a primeiros de outubro podamos ter tomada una decisión.

-¿Por que a primeira criba a está facendo unha consultora externa a consellería?

-Estana facendo os técnicos da consellería, apoiados na organización da información recibida por xente de fóra. Se tiveramos que facer solo con recursos propios igual podíamos acabar no 2012. A Consellería de Industria é a que menos persoal ten.

-Dos proxectos industriais recibidos, ¿cantos sairán?

-Os mellores para o país e para os intereses de todos os galegos. Aquí as presións non funcionan, temos as ventás abertas. Esta é a maior adxudicación que ten feito a Xunta en moitísimos anos. Ademais, nun sector moi rendible. Por iso quixemos facer un concurso. A min resultábame moito máis difícil que fose unha decisión unipersoal do conselleiro.

-¿Vendo as ofertas, sabe xa se a Xunta terá o 10% nos proxectos, como desexaban?

-Algúns subiron dese 10%, e amplamente. Porque o problema nunca foi a participación pública, senón abrir o plan sectorial á libre concorrencia. ¿Pero non ten a Xunta participación en Reganosa, en Gas Natural, en cen mil sitios? Ese nunca foi o debate, e de feito esa parte non vai ser decisiva. O que pasa é que para a patronal era moito máis fácil dicir pouco menos que lles queríamos nacionalizar a eólica. Nós o que queríamos era un concurso de todos. Iso, obxectivamente e socialmente, sería moito máis difícil de debater.

-¿Canto tardou o PSOE en darse conta de que con Industria o Bloque tiña o maná do vento?

-Non sei. Eu dinme conta enseguida, incluso antes de ser conselleiro. É evidente que fomos a por Industria por moitas razóns. Non sei se alguén confundiu consellería con conselleiro, e pensando no que se fixo no pasado, quizás non viron as posibilidades deste departamento.

-Ningún conselleiro anterior dera dunha tacada 2.325 megavatios.

-É certo, foi unha gran novidade, que por certo nos van copiar noutros sitios. Nós fixemos isto para definir un proxecto industrial conxunto. Imos tocar todos os sectores para planificar o desenvolvemento do país. Iso non se pode facer con 200 megavatios hoxe, 200 mañá... Ademais, isto provoca competencia, agudiza o enxeño das empresas. E eu sempre o pensei así. Cando falamos por primeira vez co Estado dos 2.500 megavatios era porque queríamos montar unha estratexia deste tipo.

-¿Que pasará se unha empresa, Ence, por exemplo, recibe muíños e despois non atopa ningún alcalde que queira a pastera?

-Xa hai alcaldes que o están pedindo. Quitando algún caso polémico dese tipo, os proxectos que coñezo son bos e non lles vexo problemas.

-¿Daralle tempo ao reparto ou haberá eleccións antes?

-Isto estará listo en outubro. As eleccións, que as fagan cando queiran. Eu teño que traballar, e poñer solucións enriba da mesa, que estamos nunha crise.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | FERNANDO x. BLANCO álvarez «Que fagan as eleccións cando queiran; eu teño traballo, que estamos en crise»

O máximo responsable de Industria afronta o tramo final da lexislatura coa subasta eólica e a recesión económica como os principais problemas por resolver

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.dinero
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.dinero
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.dinero
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd