pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Letras Galegas Uxío Novoneyra foi homenaxeado pola RAG na súa terra natal

Os académicos glosaron o singular valor da obra literaria e o compromiso cívico e moral do poeta

A serra do Courel acolleu os actos centrais do Día das Letras Galegas por segunda vez en tres anos

Autor:
Francisco Albo
Localidad:
monforte/la voz.
Fecha de publicación:

A antiga escola de Seoane do Courel -hoxe edificio multiusos do Concello- foi escenario por segunda vez en tres anos dos actos centrais da do Día das Letras Galegas, celebrado no 2007 neste mesmo municipio, onde viviu grande parte da súa vida a poeta noiesa María Mariño. O mesmo lugar acolleu onte pola mañá unha sesión extraordinaria da Real Academia Galega en memoria de Uxío Novoneyra, cuxa aldea natal, Parada de Moreda -onde viviu tamén María Mariño-, está a uns tres quilómetros deste punto.

A sesión comezou en torno ás doce do mediodía en presenza do presidente da Xunta, dos conselleiros de Cultura e Educación e outros representantes institucionais, ademais da viúva de Novoneyra, Elba Rei, e dous fillos do poeta. Seguindo os usos tradicionais, varios académicos tomaron a palabra para glosar a obra e a vida do homenaxeado, facendo fincapé no singular valor da súa literatura, na súa constante defensa da lingua galega e no seu compromiso ético e político.

O escritor Manuel Rivas abriu as intervencións cun discurso de marcado ton poético e salpicado de referencias literarias -César Vallejo, William Wordsworth, Virginia Woolf, O cantar dos cantares -, no que definiu a actitude de Uxío Novoneyra ante a vida e a literatura como «unha melancolía activa que non se deixa achantar pola apisoadora da historia». O conferenciante comentou a calidade literaria da obra de Novoneyra -definindo os seus poemas como «estrelampos» e «alucinacións sensoriais»- e evocou ao mesmo tempo as súas preocupacións morais e políticas e «a lucidez con que formulou a cuestión da supervivencia da lingua», que, a xuízo de Rivas, sofre «a ameaza presente dalgún herbicida».

Falou a continuación a escritora e profesora universitaria Margarita Ledo Andión, quen se centrou na forte influencia que exerceu Novoneyra sobre os xoves intelectuais galegos da súa xeración, exemplificada a través de diversos encontros persoais que ela mesma mantivo co poeta courelao ao longo da súa vida.

Reinvención da tradición

O terceiro discurso foi pronunciado por Darío Xohán Cabana, que cualificou a obra de Uxío Novoneyra como «unha das aventuras líricas máis poderosas da nosa lingua» e comparou a importancia da súa figura coa de Eduardo Pondal, facendo alusión ao título da antoloxía poética De Pondal a Novoneyra , editada por Méndez Ferrín en 1984. Outros aspectos mencionados por Cabana foron as semellanzas e diferenzas entre Novoneyra e o seu amigo e compañeiro de xeración Manuel María e a súa «reinvención» da tradición poética galega a través da liberdade formal e da ruptura con modelos literarios anteriores.

Manuel González, tesoureiro da RAG, dedicou boa parte da súa intervención a analizar a lingua literaria de Novoneyra e a súa relación coa fala popular do Courel. Neste sentido falou dunha «certa belixerancia» do poeta contra a normativización e a estandarización da lingua e da súa insistencia en que as formas propias da linguaxe popular fosen recoñecidas como válidas na escrita. González, por outro lado, pediu que a política lingüística teña en conta a realidade histórica e social que resumiu nunha frase do poeta: «Todo o que foi un pobo só pode caber e resumirse na lingua».

 

ENVIAR NOTICIA  

Letras Galegas Uxío Novoneyra foi homenaxeado pola RAG na súa terra natal

Os académicos glosaron o singular valor da obra literaria e o compromiso cívico e moral do poeta

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
Autor de la imagen: ALBERTO LÓPEZ
Méndez Ferrín e Núñez Feijoo, durante os actos celebrados na antiga escola de Seoane do Courel
Autor de la imagen: | ALBERTO LÓPEZ

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.