pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

A Academia rende homenaxe hoxe no Courel a Uxío Novoneyra

Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas, Manuel González e Margarita Ledo glosaron a figura do autor de «Os eidos». No acto estivo moi presente a polémica sobre a lingua e o decreto do plurilingüismo da Xunta.

É a segunda vez en tres anos que o acto oficial do 17 de maio se celebra neste concello da montaña luguesa

Autor:
Redacción dixital / EFE
Localidad:
monforte/la voz.
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 19:06 h

O acto oficial organizado pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras voltou ao Courel. Académicos, escritores e autoridades citáronse hoxe no municipio natal de Uxío Novoneyra para renderlle homenaxe ao poeta que mellor retratou esta parte das montañas orientais de Galicia. É a segunda vez desde o 2007 que esta conmemoración ten o seu centro no Courel.

O local multiusos preparado na antiga escola de Seoane foi o lugar elixido daquela para honrar a memoria de María Mariño, nacida en Noia no 1907 pero residente durante moitos anos e ata a súa morte en Parada, precisamente a aldea courelá na que Novoneyra nacera no 1930. Nese mesmo espazo da vella escola da aldea máis poboada do norte do Courel celebrou hoxe de novo a Real Academia Galega a súa sesión plenaria, extraordinaria e pública, correspondente a esta nova edición do Día das Letras.

A tradición manda que nos plenos do 17 de maio un grupo de académicos glosen a figura do autor homenaxeado. Esa responsabilidade correspóndeulle esta vez aos escritores Manuel Rivas, Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana e Manuel González, que é o tesoureiro da Academia. Xosé Luís Méndez Ferrín falou despois deles, como presidente da entidade.

No acto tamén houbo unha nutrida representación política. Estiveron presentes, entre outros, o presidente da Xunta de Galicia, catro dos seus conselleiros -os titulares de Cultura, Educación, Facenda e Medio Rural, Roberto Varela, Jesús Vázquez, Marta Fernández Currás e Samuel Juárez-, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro.

Feijoo apela ao consenso

Na súa intervención, Feijoo abordou a polémica do tratamento da lingua por parte do seu Goberno. «Na nosa opinión, ten catro grandes

principios: a cooficialidade entre o galego e o castelán; a consideración da lingua galega como lingua propia de Galicia; a acción positiva para a extensión do seu coñecemento e uso; e a aplicación do principio de non discriminación por razón da lingua», dixo antes de facer unha apelación ao consenso: «¿Estamos de acordo nestes catro piares? Estou convencido de que si».

Intervencións dos académicos

Por parte da Academia, o primeiro en falar foi Manuel Rivas, que declarou sobre Novoneyra que a liberdade era «a súa xenética» e recordou como no seu día «O Poeta do Courel» definiu o galego como «a fala na que máis se lle dixo a Dios».

Rivas non pasou por alto a polémica sobre o galego e dixo: «Todos somos galegos y todos temos responsabilidades como tales galegos e esas responsabilidades van máis alá das ideoloxías, das premisas do propio partido, senón que responden a algo máis fondo e non valen medias tintas».

«Hai que estar si ou non con Galicia -continuó- e non se pode dicir que se está con Galicia cando non se sinte a responsabilidade da pervivencia da nosa lingua como meta primordial».

Despois tomou a palabra Margarita Ledo para realizar un perorrido pola obra do poeta homenaxeado, ao que definiu como «escritor axitador». Darío Xohán Cabana salientou o encontro entre Novoneyra e Manuel María no campamento lucense de Parga e a amizade que logo tivo continuidade en Compostela.

Manuel González centrou o seu discurso en observacións moi técnicas sobre os traballos do poeta, pero tampouco esquivou os momentos de polémica coa lingua para advertir que calquera política lingüística que pretenda superar a confrontación para conquerir a concertación «ten que se fundamentar, necesariamente, na realidade histórica». Apuntou que o galego cada vez corre maior perigo «baixo a presión do castelán», incluso no campo e no mar, donde ata agora tiña «maior fortaleza».

O presidente da RAG pechou o acto dicindo de Novoneyra que «deu luz» aos seus contemporáneos. «Foi o poeta da terra», afondou Ferrín, que falou do courelán como un poeta «monolingüe», o que lle sirviu para proclamar que «a nosa lingua é irrenunciable e ningún designio hostil prevalecerá contra ela».«Defender a lingua propia de Galicia é un mandato que fixo Novoneyra », concluiu.

Impacto do Día das Letras no Courel

A elección de Uxío Novoneyra como autor a homenaxear este ano fixo que se multiplicasen na comarca de Quiroga e no resto da montaña luguesa os actos de recoñecemento a este poeta e á súa obra. O Concello do Courel, por exemplo, abriu o pasado día 2 unha ruta de sendeirismo que leva o nome de Novoneyra. Une a aula da natureza de moreda, ao pé da entrada á Devesa da Rogueira, coa aldea de Parada. Os seis quilómetros do percorrido, que aproveitan un camiño tradicional do monte Cido, están indicados con letreiros con fotografías e poemas nos que Novoneyra fala do Courel.

 

ENVIAR NOTICIA  

A Academia rende homenaxe hoxe no Courel a Uxío Novoneyra

Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas, Manuel González e Margarita Ledo glosaron a figura do autor de «Os eidos». No acto estivo moi presente a polémica sobre a lingua e o decreto do plurilingüismo da Xunta.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.