«Vido visto ben Santiago / i esa cuestión non resolta / fago camino de volta / camiño de volta fago. / Camiño de volta fago / volvo do cabo do Mundo. / Terra solo en ti me fundo: / é a certeza que trago.». A voz grave de Manuel Lourenzo, acompañada do clarinete de Brandan, recitaba a Novoneyra, Se o pasado é pasado, na Real Academia Galega, diante da ollada emocionada de Elba Rei, os versos poden converterse en realidade, xa que o poeta do Courel volverá á súa terra. A familia do escritor ten previsto que os seus restos repousen nun panteón funerario que estará na horta da súa casa.
«Cederemos ata a metade da casa por 50 años, porque non pode ser máis tempo, pero logo iso será prorrogable, para que sexa a sede da fundación», explicaba onte Uxío Novoneyra, un dos fillos do escritor, apuntando algunhas das ideas para a posta en funcionamento, si é posible este mesmo ano, da Fundación Uxío Novoneyra. É unha iniciativa na que xa levan tempo traballando os seus herdeiros.
Os xardíns exteriores do perímetro da casa do concello de de Folgoso do Courel, que son uns cinco mil metros cadrados, terán varios usos. Un deles será o de acoller un panteón funerario no que descansarán os restos de Uxío Novoneyra, «para o cal xa se conseguiu o permiso das consellerías de Sanidade e Cultura para trasladar os seus restos desde Lugo, onde están hoxe en día», apuntan os promotores desta nova casa-fundación.
A idea é que toda esa horta, situada nos xardíns amurallados da casa, se converta nun roteiro musealizado, «dada a riqueza de especies que existen na mesma, ademais de servir de rota dunha das entradas á fundación», recolle o proxecto da nova entidade.
«Teño pasado moitas horas co meu pai no salón desa casa ?-lembraba onte o fillo do poeta- e sempre me dicía, vendo todos aqueles cadros de pintores galegos, como Laxeiro, Maside ou Raimundo Patiño, que aquelas obras tiñan que estar a disposición dos galegos, que quen quixese puidese velos». Chamaba a atención sobre as obras de Patiño, «do que, despois da súa familia, debe ser a colección que ten máis obras súas».
Todas estas obras de pintores galegos que forman a colección que foi reunindo o escritor tamén formarían parte dos fondos da nova fundación, que conta xa co apoio «de moita xente, de particulares que en algúns casos nin sequera coñeceron ao meu pai, ou nada máis que pola súa obra, e que xa se ofreceron a facer cousas aí cando a fundación funcione». Entre estes ofrecementos está o dun especialista en arte que levaría a cabo «toda a catalogación destas obras de arte de xeito totalmente desinteresado».
A nova casa-fundación, que non ocuparía o que é a vivenda familiar, converteríase ademais no primeiro espazo cultural de Folgoso do Courel, «que é un concello pequeno e non ten medios», apuntaba Uxío, que lembraba: «A veces, a xente vén ver a casa e nós enseñámola encantados, pero, claro, polo de agora é unha casa particular, non un museo, como en ocasións pensa a xente que chega por aquí».
Estes días, sobre todo mañá, na xornada de homenaxe, haberá tamén moitas visitas, ademais dos actos oficiais nos que é posible que soen de novo eses versos do poeta volvendo ao Courel: «Camiño de volta fago... Terra so en ti me fundo: é a certeza que trago».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios