David Rubín fala de Uxío Novoneyra: a voz herdada, o tebeo sobre a vida do poeta do Courel.
O debuxante David Rubín está a punto de presentar o seu novo cómic, Uxío Novoneyra: a voz herdada, que repasa a vida de Novoneyra no ano no que se lle dedican as Letras Galegas.
Esta BD, feita man a man con Kike Benlloch que se encargou do guión, mostra ao lector, a través dos ollos de Celestino a figura do poeta courelano. Esta personaxe inventada entrelaza as súas vivencias persoais co discorrer da vida e a obra de Uxío Novoneyra.
Os autores quixeron fuxir dun cómic biográfico con moito texto e datos ao uso, «tentamos contar unha historia» apunta David Rubín.
Uxío Novoneyra: a voz herdada será presentada na feira do libro de Ourense, a finais de mes.
O cómic: le aquí un adianto de Uxío Novoneyra: a voz herdada.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios