O itinerario foi balizado cunha serie de letreiros con fotografías e poemas de Novoneyra dedicados á serra courelá.
O Concello do Courel sinalizou unha ruta de sendeirismo dedicada a Uxío Novoneyra que una a aula da natureza de Moreda con Parada, a aldea natal do poeta que protagoniza o próximo Día das Letras Galegas. O itinerario, de seis quilómetros de lonxitude, aproveita un camiño tradicional entre ambas localidades que discorre polo monte Cido e foi balizado cunha serie de letreiros con fotografías e poemas de Novoneyra dedicados á serra courelá. A ruta foi acondicionada coa axuda de persoal técnico da Consellería de Medio Rural.
Por outro lado, o Concello editou un folleto coa descrición da ruta que foi enviado xa a diversos centros educativos. «Pensamos que a ruta é especialmente interesante para os centros escolares porque discorre por lugares que inspiraron poemas de Novoneyra e porque comeza na aula da natureza, un lugar de interese para coñecer a riqueza natural da serra», explica a alcaldesa Lola Castro.
Actos do 17 de maio
Por outro lado, o Concello está a colaborar coa Real Academia Galega (RAG) na organización dos actos oficiais do Día das Letras, que se celebrará no municipio por segunda vez en catro anos. No 2007, a RAG decidira tamén levar ao Courel os actos do 17 de maio dedicado á poeta María Mariño, que residiu no municipio grande parte da súa vida.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios